Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma vos convidamos a coñecernos.
Se queredes saber quen somos, que facemos, como entendemos a educación dos nosos nenos e nenas... podedes solicitar unha cita para acudir ás xornadas de portas abertas nas seguintes datas e horarios:
Luns 19 de febreiro de 16:30 a 17:00 horas
Xoves 22 de febreiro de 16:00 a 17:30 horas
Luns 26 de febreiro de 16:00 a 17:30 horas
FORMULARIO PARA SOLICITUDE DE CITA
A confirmación de praza na xornada de portar abertas realizarase a través do correo electrónico facilitado no formulario
Podedes facer un precorrido virtual das nosas intalacións premendo AQUÍ
Hoxe estreamos novo mobiliario no noso patio grazas á Fundación Érguete @funderguete e ao alumnado do @cifp_paseodaspontes e do CEE Nosa Señora de Lourdes de @aspronaga encargados da súa instalación.
Contamos con dous bancos na zona verde que de seguro nos darán moitas posibilidades de uso e disfrute.
E tamén instalaron unhas àrbores decorativas na zona de E.Infantil e casiñas de paxaros que darán moito xogo, especialmente aos máis pequenos!
Toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma quere desexarvos unhas moi felices festas e un próspero aninovo a través da interpretación desta panxoliña, "Festexando o Nadal", que fixemos con tanto cariño e paixón. Dándolle un click á imaxe, podedes ver o resultado do noso traballo.
¡¡Agardamos que o 2024 veña cargado de momentos moi felices para todos e todas!!
Estes días estivemos visitando os centros de maiores do noso barrio. Con toda a ilusión do mundo fomos ata a residencia Padre Rubinos a ao centro de día "La Hera", para cantarlles unhas panxoliñas que levamos ensaiando desde setembro.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para nós e para eles á vez que femosa
Luisa e Paula, as compañerias intérpretes en lingua de signos, fixeron esta marabillosa panxoliña para felicitar as festas a toda a comunidade educactiva de San Pedro de Visma.