Skip to Content

"BASKET CORUÑA", UNHA VISITA EMOCIONANTE

SONOS NA GAIOLA

O NOSO CENTRO PARTICIPOU, XUNTO CON OUTROS CENTROS, NA CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE MANUEL MARIÁ "SONOS NA GAIOLA" , QUE SE CELEBROU O XOVES 21 DE MARZO NO CENTRO ÁGORA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o día da Poesía. Das árbores do patio brotaron palabras coas que vos invitamos a crear poesías, que mañá recolleremos para decorar o recuncho da biblio.

Se a creatividade se apodera de vós, non a deixedes escapar e aproveitade para prepararvos para o concurso de poesía que comezará axiña!!

 

UNS VERDADEIROS ARTISTAS

Como xa vos comunicamos anteriormente, 5º A e 5º B estamos participando nunha actividade Muse de técnicas audiovisuais. Se queredes ver outras mostras de fotografía relacionadas con espellos, premede na foto.

8 DE MARZO: TAMÉN FÚTBOL

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria asistiu a unha charla o día 8 de marzo na que  se tratou un tema que suscitou controversia este curso entre estes alumnos e alumnas: As mulleres e o fútbol.

A capitana do R.C.Deportivo feminino, Miriam Rios, explicoulle como,  pouco a pouco, se van abrindo camiños para as mulleres neste ámbito tan restrinxido.

 

 

 

Somos noticia no diario "La Opinión A Coruña"

Podes ver a noticia completa con imaxes incluidas no seguinte enlace: https://www.laopinioncoruna.es/deportivo/2019/03/08/carnaval-riazor/1381998.html#

 

VISITA ESTADIO DE RIAZOR - 110% BLANQUIAZUL

Esta mañá do xoves 7 de marzo o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o estadio de Riazor no programa "Os nosos valores - Escolas 110% blanquiazul" da Opinión da Coruña. Nel coñeceron a historia do Real Club Deportivo da Coruña e disfrutaron das instalacións como xogadores e xogadoras profesionais. Ao finalizar a visita tiveron oportunidade de charlar con futbolistas do primeiro equipo femenino e do Fabril masculino. 

 

 

Noticia La Opinión A Coruña: https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/deportes/valoresbranqui...

Visita estadio de Riazor - 110% Blanquiazul

Esta mañá do xoves 7 de marzo o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o estadio de Riazor dentro do programa "Os nosos valores - 110% blanquiazul" da Opinión da Coruña. Nel coñeceron a historia do Real Club Deportivo da Coruña e disfrutaron das instalacións como xogadores e xogadoras profesionais. Ao finalizar a visita tiveron oportunidade de charlar con futbolistas do primeiro equipo femenino e do Fabril masculino. 

 

 

ENTROIDO 2019

VISITA DE MANOLO RIVAS

HOXE TIVEMOS O PRACER DE CONTAR COA INESTINABLE PRESENZA DO AUTOR DA OBRA "A RAPOSA E A MESTRA" ....MANOLO RIVAS... 

   
     
     
Distribuir contido


by Dr. Radut