As nenas e os nenos do cole xa escolleron.
O 8M os e as representantes de cada aula xuntáronse na biblioteca para dedicir as mulleres coruñesas coas que imos bautizar os nosos corredores.
Foi un gran experiencia para o noso alumnado. Primeiro tiveron que investigar sobre a muller coruñesa que escolleran para logo facer un vídeo explicando quen era e a súa importancia. Logo todas as clase viron os vídeos e elixiron dúas candidatas.
Finalmente, os nenos e nenas representantes de cada clase xuntáronse o 8M na biblioteca para votar e escoller ás mulleres que van poñer nome aos corredores do colexio.
Este foi o resultado.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |