Chegou o 27 de abril e con el unha das citas máis esperadas no colexio, o Día da Educación Física na rúa.
Os nosos olímpicos e olímpicas puxeron a proba a súa resistencia e saíron a camiñar polos espazos verdes da contorna e os parques. O alumnado de primaria fixo unha andaina polo barrio de Visma e o parque Adolfo Suárez, mentres que os pequenos e pequenas de infantil camiñaron polo percorrido do facho olímpico e polo parque dos Mariñeiros.
Ademais, o venres 28 xuntámonos na praza de María Pita preto de 400 escolares de sete colexios de A Coruña para celebrar, promocionar e defender a Educación Física . Os nosos representantes foron os ciclistas da clase de 6ºB de Infantil, que deixaron a todo o mundo marabillado co seu bo facer nas bicicletas.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |