O outro día viñeron os de Luditarde a deleitarnos cunha obra de teatro. Trataba sobre un país no que gobernaba o caos, o ruído e a contaminación e nós, coa axuda dun profesor que estaba un pouco tolo, conseguimos que volvese ser ese lugar que era antes. Un sitio onde as flores e as bolboretas podían vivir tranquilas sen medo a que ninguén viñese a perturbar a súa paz.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |