Skip to Content

8 M: DÍA DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día da Muller. Para conmemoralo os/as gatiñ@s escribiron nun lazo o nome da muller máis importante para eles /elas, a maioría foron as mamás pero houbo algunha avoa e tamén irmá. Eses lazos colgámolos hoxe no soportal de infantil.

A profesora Mónica contounos que foi xogadora do Deportivo feminino e ensinounos a súa vestimenta e unha das copas que gañou. Tamén leunos un conto titulado “Las chicas también...¡PUEDEN! Despois, xogamos ao fútbol no patio.

FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO!!!



page | by Dr. Radut