Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Estreamos nova páxina web
Desde hoxe publicaremos nesta nova versión web e esperamos que vos guste.
Traballaremos nela a diario para mellorala día a día e por iso queremos a túa opinión, é moi importante para nós.
Nova web na dirección www.ceipsanmarcos.es
Horario de mediodía
Estimadas familias
Lembramos que o alumnado que non come no comedor ten que esperar na porta principal a que se lles abra a porta poucos minutos antes das tres.
En ningún caso poden acceder ao centro por outros lugares.
Moitas grazas
Souto
Estimadas familias
Despois de consultar a predicción meteorolóxica paraece que mañá pola mañá non vai chover así que aproveitaremos para ir ao souto o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º que son os grupos que irán en bus.
Se o tempo non o permitise quedaremos no centro.
Se pode ser, que traian roupa cómoda e lembrade que no autobús é extrictmente obrigatorio levar cubre bocas, polo que pregamos que todo o alumnado de infantil a traia.
Moitas grazas.
Un saúdo
Saída ao souto
Estimadas familias
Despois de consultar a predicción meteorolóxica paraece que mañá pola mañá non vai chover así que aproveitaremos para ir ao souto o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º B que son os grupos que irán camiñando.
Se o tempo non o permitise quedaremos no centro.
En canto ao resto de alumnado, que irá en bus, seguiremos atentos ás prediccións para aproveitar a primeira ocasión que se presente
Un saúdo.
Día non lectivo
Estimadas familias
O vindeiro día 11 de Outubro será non lectivo porque é o día que a Consellería elixiu para conmemorar o día do mestre
Moitas grazas.
Un cordial saúdo
HORARIO DE OUTUBRO A MAIO
Estimadas familias
Lembramos que hoxe xa comezamos co horario habitual do centro.
As saídas levaranse a cabo como os luns de setembro.
16.20 Infantil.
16.25 3º, 4º, 5º e 6º.
16.30 1º e 2º.
Se alguén vai comer á casa hai que vir a recollelo ás 13.15 horas e teñen que volver ás 15.00 horas. UN MESTRE OU COIDADOR ACUDIRÁ A ABRIR A PORTA.