Hoxe celebramos o SAMAÍN que noutros sitios se chama HALLOWEEN!!!

A semana pasada estivemos de festa outra vez. A que non sabedes o que celebramos??  Como non o ides      saber con tanto como traballastes…claro, o SAMAÍN.  Un ano máis a nosa biblioteca viuse invadida por    lotes e lotes de cabazas que fixeron as delicias de todos no colexio e de todas as familias que viñeron visitar a exposición.

Souto + magosto...ENCHENTA DE CASTAÑAS

Pois chegou o Outono e, como xa é tradición no colexio, alá fomos todos os alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe San Marcos a coller as castañas. Grazas á xenerosidade do señor Claudino, que sempre nos deixa invadir o seu fantástico souto, arrepañamos moreas e moreas de castañas que, como veredes, pequenas non eran.

Inmersión Lingüística en Peares

O pasado día 10 de Outubro os alumnos de 6º curso fomos de excursión.

Foi unha aventura diferente, algo que non tiñamos feito nunca. Fomos a un centro de Inmersión Lingüística en Peares. 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/21

Actividades lectivas: do 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021, ambos os dous inclusive.  

Períodos de vacacións: Nadal: do 23 de decembro de 2020 ao 7 de xaneiro de 2021, ambos os dous inclusive.

Entroido: 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

Semana Santa: do 29 de marzo ao 5  de abril de 2021, ambos os dous inclusive.  

Días non lectivos:  9 de outubro e 18 de maio  (pendentes de aprobación polo consello escolar)  

Día do ensino: 7 de decembro de 2020.

 

Powered by Drupal - Design by artinet