Souto + magosto...ENCHENTA DE CASTAÑAS

Pois chegou o Outono e, como xa é tradición no colexio, alá fomos todos os alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe San Marcos a coller as castañas. Grazas á xenerosidade do señor Claudino, que sempre nos deixa invadir o seu fantástico souto, arrepañamos moreas e moreas de castañas que, como veredes, pequenas non eran.

          
    

 

Foi, coma sempre, unha mañá de convivencia e colaboración na que, entre todos, apañamos os froitos que tan preciados son nesta época do ano.

As mamás e papás, como sempre tan colaboradores connosco, viñeron a ratos libres a picalas para que o noso querido Luis puidese facer un bo asado.

O pasado xoves... fixemos o que tocaba facer... COMELAS!!!!!!!!!!!!!!!  Estaban absolutamente fantásticas, como poderedes observar nas fotos. 

A que vos da un pouquichiño de envexa??????????????

 

 

 

 

 

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet