Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Hoxe celebramos o SAMAÍN que noutros sitios se chama HALLOWEEN!!!
A semana pasada estivemos de festa outra vez. A que non sabedes o que celebramos?? Como non o ides saber con tanto como traballastes…claro, o SAMAÍN. Un ano máis a nosa biblioteca viuse invadida por lotes e lotes de cabazas que fixeron as delicias de todos no colexio e de todas as familias que viñeron visitar a exposición.
Grazas a todos, coma sempre, pola vosa colaboración.
Pero ademais de cabazas tamén houbo no San Marcos mouchos, curuxas, sapos e bruxas, gatos negros, espíritos, morcegos e vampiros, pantasmas, mortos andantes e… non sigo que vos quito o sono. Mirade estas fotografías e… tremede co medo.
Arrepiantes, non si??
é o que pasa cando xuntamos dous xeitos de celebrar unha data. Seguro que todos sabedes que a tradición de baleirar cabazas e nabos e poñer dentro candeas para alumear o camiño dos espíritos é de orixe celta. Pois ben, os irlandeses levaron esta tradición aos Estados Unidos nos tempos das grandes migracións e alí comezaron a celebrala de xeito diferente e como nós somos internacionais … pois aquí está o resultado.
Hai centos de fotos na galería da páxina web. Non dubidedes en botarlle unha ollada!! Iso si, sentidiño, que non sexa moi tarde para non desvelarvos