PROTOCOLO COVID PARA O CURSO 21-22

A Consellería de Educación publicou o novo protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensiono non universitario de Galicia para o curso 21-22

Esta é a versión xenérica que cada centro deberá adaptar á súa propia realidade e que publicamos para o seu coñecemento.

Na primeira quincena de setembro publicarase a adaptación deste protocolo ao noso centro unha vez aprobado pola administración.

 

Fondo libros e vales axuda

Estimadas familias

Xa tedes á vosa disposición as listas definitivas da asignación de fondo libros que podedes consultar na porta do centro.

Tamén podedes pasar a recoller os vales de axuda de material en horario de 9.00 a 13.00 horas.

Pregamos pasedes por aquí antes do 14 de xullo.

Grazas.

Un saúdo

Listaxe provisional Fondolibros

Estimadas familias

Nas portas de cristal de acceso ao centro está exposta a listaxe provisional dos libros asignados a través da aplicación fondolibros.

Podedes pasar a miralas de 9.00 a 13.00 horas.

Esperamos publicar a listaxe definitiva o luns día 5

Grazas

INSTRUCCIÓN COMEDOR CURSO 2021/22

Unha vez publicada a instrucción 2 de 2021 que regulará durante o curso 2021/22 o comedor escolar poñemos a vosa disposición o texto da mesma.

Para ser usuario do comedor é imprescindible entregar por correo electrónico ou na secretaría do Colexio, debidamente cuberto e asinado polos pais e membros da unidade familiar maiores de idade, o Anexo II de Autodeclaración. Aqui dispón dunha axuda para cubrir o cálculo do pagamento

Entregarase ata o día 14 de xullo en horario de 10 a 13 horas.

 

 

Listado material e libros

Estimadas familias

Achegamos o listado de libros e material para o curso 2021-22

Que pasedes un bo verán. 

Un cordial saúdo

Día non lectivo. 24 de xuño

Estimadas familias

Lembramos que o día 24 de xuño foi o día elixido polo concello como NON LECTIVO, polo que o centro educativo tamén permanecerá pechado.

Un saúdo

Powered by Drupal - Design by artinet