Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
ALUMNADO DE 6º
Estimadas familias
Tal e como se comunicou a por ABALAR ás familias de 6º, lembramos que a excursión prevista a Cerceda foi cancelada debido ao mal tempo.
No seu lugar irán a un parque lúdico en Iñás e volverán ás 17.30, hora á que deben vir ao centro a recollelos.
Moitas grazas
Día 22 de Xuño
Estimadas familias
En vista da predición meteorolóxica o acto de graduación do vindeiro martes día 22 será no patio cuberto.
Comezará ás 10.00 horas. Teredes que entrar pola porta principal e bordear o edificio para acceder ao patio polo exterior. A vosa zona estará delimitada. Podedes vir ambos proxenitores e agradecemos manteñades as medidas de seguridade que xa todos coñecemos.
Moitas grazas.
Un saúdo.
ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021/22
Rematado o prazo de reclamacións elévanse a definitivos os listados provisionais de alumnado admitido para o curso 2021/22.
Lembramos que entre os días 20 e 30 de xuño as familias do alumnado admitido formalizarán a matrícula.
ÚLTIMO DÍA LECTIVO
Estimadas familias
Para o úlitmo día lectivo temos programada unha xornada especial incluíndo unha pequena festa e comida todos a un tempo respectando todas as medidas de seguridade requeridas, polo que nos gustaría que todos os nenos e nenas quedasen a comer ese día aínda que habitualmente non fagan uso do servizo de comedor.
Ademáis queremos facer a graduación do alumnado de 6º de Educación primaria e de 6º de Educación Infantil que se levará a cabo ás dez da mañá.
O espazo onde se desenvolverá o sinxelo acto está por determinar porque estamos á expectativa das condicións meteorolóxicas, polo tanto non podemos confirmarvos se poderedes vir a mamá e o papá ou só un dos dous ata que saibamos se o podemos facer no exterior ou no interior, polo que vos pregamos que esteades atentos á páxina web durante a fin de semana e o luns.
Moitas grazas e xa vos iremos confirmando máis detalles en canto nos sexa posible.
A hora de saída será a habitual dun martes de xuño, escalonada comezando ás 15.20
Un cordial saúdo.
Xuño
Estimadas familias
Lembramos o funcionamento do centro durante este mes de xuño.
O alumnado sae todos os días ás15.20 infantil, ás 15. 25 3º, 4º, 5º e 6º e ás 15.30 1º e 2º con excepción dos luns, que sairá ás 16.30 coa mesma saída escalonada que houbo ao longo de todo o curso
O alumnado que non quede a comer no centro terá que ser recollido polas familias ás 14:15 horas, independentemente que sexan de infantil ou de primaria e os luns, que temos clase pola tarde, teñen que vir ás 15:30 e saen ás 16:30.
Un cordial saúdo
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22
No DOG do día 20 de maio de 2021 publícase a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B). Facendo clic sobre o subliñado pódese ler a orde completa.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros ou Chave 365. Opcionalmente pode presentarse na Secretaría do Centro no horario de 10 a 13 horas e coa documentación relacionada máis adiante
A quen vai dirixida cada axuda?
FONDO SOLIDARIO: Alumnado de 3º e 4º Nivel de E. Primaria
AXUDAS LIBROS: Al umnado de 1º e 2º Nivel de E. Primaria e de E. Especial
MATERIAL ESCOLAR: Alumnado de todos os niveis de E. Primaria.
Contía das axudas en función da renda per capita familiar:
Menos de 6.000 €: 6 libros de texto (3º e 4º), 210 € (1º e 2º) e 50 € en material
Entre 6.000 e 10.000 €: 4 libros de texto (3º e 4º), 140 € (1º e 2º)
Alumnado con discapacidade do 65% ou tutelado pola Xunta de Galicia: 6 libros (3º e 4º), 140 € (1º e 2º), 275 € (E.E.) e 50 € en material.
Documentación a presentar:
Anexo I e II (facer clic para obter)
Copia do libro de familia que acredite os membros da unidade familiar. Excepcionalmente volante de empadroamento.
No caso de separación, copia da sentencia ou convenio regulador
Certificado de discapacidade, no seu caso
Presentación de solicitudes:
Por medios electrónicos (Fondolibros ou chave 365), unha instancia por cada alumno.
No caso de ser presencial na secretaria do centro soamente unha solicitude para todos os fillos matriculados.
Toda a documentación deberá estar correctamente cuberta e asinada
O prazo de solicitudes remata o día 22 de xuño (incluído).
NOTA: Para acceder ás axudas a partires de 3º Nivel é obrigatorio ter devoltos os libros recibidos en préstamo do fondolibros.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »