CHARLA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Agradecemos ao CDR O Viso e a Cruz Vermella a charla que nos viñeron a dar para nos concienciar da eliminación da violencia contra as mulleres. Despois tamén fixemos algún xogo e comezamos a escribir un conto que faremos xunto cos demais colexios da comarca da Limia.

 

 

SAMAÍN

O mércores 31 celebramos o Samaín-Halloween. Disfrazámonos, recollemos o noso agasallo por participar na exposición de farolillos terroríficos, bailamos...

 

 

 

 

 

 

 

EDUCACIÓN VIAL

O mércores 26 de setembro lembramos como temos que circular coas nosas bicis coa axuda dun circuito que nos montou no cole Protección Civil de Xinzo. Tamén tivemos a sorte de poder montar nas motos da Garda Civil de Tráfico de Ourense. Todo grazas á Dª Sinda Aguiar que é a coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Ourense.

COMEZO CURSO 2018-2019

As clases comezan o mércores 12 de setembro en horario de 10:20 a 16:20 e os venres de 10:20 a 14:50

FELIZ CURSO

DESPEDIDA AOS ALUMN@S DE 6º

Este foi o último curso que pasaron no noso colexio estes fabulosos rapaces e rapazas. Desexámoslle o mellor nas súas vidas de agora en diante.

EXCURSIÓN Á GUARDA

Pasamos un día estupendo todos xuntos nunha visita á vila de A Guarda. Alí vimos cousas moi interesantes en dous museos e tamén como viviron os nosos ancestros os Celtas.

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O martes 5 de xuño celebramos o día do Medio Ambiente. Comezamos na casa da Lagoa co visionado de dous documentales. Logo fomos ata a Casa dos Terróns para observar aves. A continuación presenciamos o  anelamento dunha cría de cegoña. Por último visitamos un palafito onde vimos máis aves.

 

Tamén saímos na tele  

http://www.crtvg.es/informativos/os-mais-pequenos-celebran-o-dia-do-ambiente-visitando-a-lagoa-de-antela 

CONCURSO: OS 50 ANOS DE "A GALIÑA AZUL"

O CEIP de Sandiás tivo dúas gañadoras no concurso: Os 50 anos de "A Galiña Azul" de Carlos Casares.   O primeiro premio foi para Lucía Parada e o segundo para Andrea Coello as dúas de terceiro. Déronlle unha placa, un diploma e 300 e 200 euros respectivamente. Noraboa ás dúas!

 

 

V PREMIO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

Noraboa aos nosos gañadores Lucas e Antía

CONTRA OS INCENDIOS

O xoves 5 de abril fixemos unha actividade a cargo de SUSTINEA para concienciarnos do dano que causan os incendios forestais. Primeiro contáronnos un conto precioso, logo fixemos o noso propio xornal e por último un xogo de rol moi divertido.

 

Distribuir contido