EDUCACIÓN VIAL

O mércores 26 de setembro lembramos como temos que circular coas nosas bicis coa axuda dun circuito que nos montou no cole Protección Civil de Xinzo. Tamén tivemos a sorte de poder montar nas motos da Garda Civil de Tráfico de Ourense. Todo grazas á Dª Sinda Aguiar que é a coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Ourense.