NÓS QUEDAMOS NA CASA

ANIMÁDEVOS A MANDAR A VOSA FOTO!

QUEREMOS VERVOS!

 

AVISO VACACIÓNS

Dende hoxe ata o día 13 será un periodo non lectivo, polo que non recibiredes tarefas ata o martes 14 de abril.

Sabemos que este ten que ser un tempo de desconexión, xa que somos conscientes das dificultades que podedes ter para facelas na situación  que estamos.

Queremos transmitirvos tranquilidade en canto ao tema dos estudos d@s vos@s fill@s, entendede que este tempo que estamos pasando sin clases presenciais é recuperable, xa que o camiño dun estudante é longo e teñen tempo para seguir a súa aprendizaxe.

O que vos pedimos é que neste confinamento vos centredes na súa saúde emocional xa que será eso o que lle axude para continuar e tamén no momento de voltar á normalidade.

Pronto nos veremos. Coidadevos moito.

Ah! Animádevos a mandar as fotos.

BLOG DE ORIENTACIÓN

A nosa orientadora Mary preparou un blog para que tod@s poidades entrar e facer algunha das cousiñas que vos recomenda.

https://omeublogdeorientacion.blogspot.com/

Animádevos a entrar

Un bico moi grande de súa parte

AVISO DO CONCELLO

Xa está habilitado un punto no Concello para poder imprimir aquelas tarefas que precisedes.

Tedes que mandar a ese correo o documento exacto para imprimir. Por suposto alí non saben cales son os deberes d@s vos@s fill@s.

concello.sandias@eidolocal.es

FOTOS NA CASA

Hoxe fixeron unha proposta ao colexio:

Tod@s aqueles que queirades mandar unha foto para ver como estades pasando esta etapa nas vosas casas, podedes facelo ao correo do colexio ceip.sandias@edu.xunta.es

Logo poñerémolas na páxina web.

Animádevos

E o máis importante coidádevos moito

AXUDAS A USUARIOS VULNERABLES DO COMEDOR ESCOLAR (COVID-19)

Toda a información está dispoñible no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

Poden solicitar a chave 365 para tramitar esta axuda nun Centro de Saúde ou telemáticamente na páxina da Xunta.

As familias que acrediten que NON dispoñen de medios telemáticos para solicitala, enviarán un correo a ceip.sandias@edu.xunta.es (Ata o venres 3 de abril antes das 13:00) onde se lle requerirán os datos  necesarios.

INFORMACIÓN DO PECHE PEMPORAL DO CENTRO POLO CORONAVIRUS

 

A Xunta de Galicia ordenou  que dende o luns día 16 de marzo todos os centros educativos galegos permanecerán pechados en todos os niveis educativos durante catorce días, sendo en principio o regreso o luns 30 de marzo.

O prazo de entrega de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso, amplíase nunha semana dende a reincorporación ás clases.

Todas as novidades serán comunicadas inmediatamente a través da DA NOSA PÁXINA WEB. 

 

Para calquera comunicación poderán poñerse en contacto a través do correo electrónico do centro ceip.sandias@edu.xunta.es

 

 

A DIRECTORA

 

VIVA O ENTROIDO 2020

 

CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL

NORABOA CHIC@S. O QUE FIXESTES VÓS NON O FAI CALQUERA. SODES UNHAS CAMPIONAS E CAMPIÓN

 

Manuel Fernández, 1º Benxamín da Limia

DÍA DA PAZ

TODOS XUNTOS CELEBRAMOS A PAZ

 

 

Distribuir contido