Situación Xeográfica
Enviado por admin o Xov, 10/02/2011 - 05:58O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de
Ourense formando parte da comarca natural da Lmia. Ten unha
superficie de 53 Km e ocupa, en gran parte, as terras da
desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de
Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia,
polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con
Vilar de Santos.
Sandiás dentro da provincia de Ourense
O concello está constituído por unha zona montañosa, con
altitudes que oscilan entre os 700 e os 900 metros nos
montes de Cantariñas (893 m.), Souteiro, Nogueira, os
montes–illa de Coalloso e O Castro, e unha gran chaira que
ocupaba na súa gran parte a lagoa de Antela. Nesta
localízanse a maior parte dos pobos e das explotacións
agrícolas mais rendibles e productivas.
Mapa do concello
O concello atópase ben comunicado, as súas principais vías
de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a
autovía A-52, que atravesan o concello en sentido
noroeste-sueste.
A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6
Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de Allariz.
Distancia coas principais cidades de Galicia por estrada:
-A Coruña: 177 km, O Ferrol: 190 km, Lugo: 119 km, -Ourense:
30 km, -Pontevedra: 115 km,-Santiago de Compostela: 129 km,
Vigo: 106 km.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23