RECURSOS COVID PARA AS FAMILIAS

Achegamos recursos COVID para as familias recomendados pola Consellería

https://www.paho.org/es/recursos-sobre-covid-19-para-padres-ninos

COMEZO CURSO 2020-21

Según últimas instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia publicadas o día 31/08/2020 o comezo das clases farase de forma escalonada

XOVES 10 SETEMBRO: 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º de Primaria

VENRES 11 SETEMBRO: 6º de Infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º de Primaria

Así o venres xa estarían todos os cursos no centro

Ver adxunto con novas normas do colexio

IMPORTANTE

Ola a tod@s! Espero que vos atopedes ben e con ganas de que comecen as clases.

A finais da próxima semana poñeremos as indicacións para o comezo do curso.

INFORMACIÓN COMEDOR 2020-21

Para poder facer uso do comedor escolar durante o curso 2020-21 deben:

Imprimir o documento de autodeclaración (ou recollelo no centro dende o día 1 de setembro)

Cubrilo e entregalo no colexio dende o día 1 ata o 9 de setembro

Se algún alumn@ non vai facer uso do comedor escolar durante este curso, debe comunicalo o antes posible para facilitar a organización.

Podedes facer o cálculo da taxa coa calculadora da páxina da Xunta:

http://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

Para dúbidas: ceip.sandias@edu.xunta.es

O centro estará aberto dende o día 1 de setembro en horario de 10:00 a 13:00

VALES LIBROS E MATERIAL (SÓ PARA PRIMARIA)

O luns día 6 e o martes 7 de xullo de 10:00 a 12:00 deberán pasar polo colexio para recoller os vales para libros e material. Tamén se lle explicará que libros ten que comprar cada alumno.

As clases de 4º e 6º levarán os libros do próximo curso.

Se alguén non pode vir que contacte no correo ceip.sandias@edu.xunta.es

De non recoller os libros ou vales, gardaranse ata setembro.

FIN DE CURSO

Chegou o final deste extraño curso. Botamos de menos os abrazos, os bicos, as pizarras pintadas, os debuxos, as festas...

Durante este terceiro trimestre tod@s fixestes un grandísimo esforzo; alumn@s, pais, nais, avoas, avós, irmáns...por iso queremos darvos as gracias por ser capaces de vos adaptar a esta situación que nos pillou a todos por sorpresa. Cando aquel 13 de marzo que se parou o colexio; as risas, os berros, as carreiras, os xogos...

Queremos mandarlle moito ánimo aos nosos catro chicos de 6º (Pablo, Antón, Hugo e Lois) que van empezar unha nova etapa.

Desexámosvos a tod@s unhas felices vacacións, que disfrutedes a tope que o tedes ben merecido.

E volvemos a vernos en setembro con moita forza e moita saúde.

Moitos bicos para tod@s de parte de tod@s @s mestr@s

ACTIVIDADE FINAL DA ORIENTADORA

MOI RECOMENDABLE QUE LLA POÑADES @S NEN@S

RECOLLIDA LIBROS TEXTO

O martes 23 de xuño de 10:00 a 12:00 deberán entregar no colexio os libros de texto de préstamo dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Tamén se teñen que entregar os libros da biblioteca (mirar correo electrónico).

De non entregalos, non poderán participar no fondo libros do próximo curso.

TRABAJO INGLÉS

TRABAJO LENGUA 3º Y 4º

Distribuir contido