OS COCIÑEIROS

Esta semana, dous cociñeiros, Mila e Miguel faláronos un pouco sobre a súa profesión. Estivemos moi atentos e aprendemos moitas cousas.

OS BOLECHAS

Os Bolechas explicáronnos como chamar ao servizo de urxencias.

Gustounos moito esta visita e pasámolo xenial.

 

VISITA Á IGREXA DE SANTO ESTEVO

Visitamos a igrexa de Santo Estevo de Sandiás. Esta actividade foi subvencionda polo Concello e organizada pola empresa Xeitura. Agradecemos á guía Begoña e ao Párroco Don Manolo todas as explicacións que nos deron.

 

MENÚ OUTUBRO

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID

RECURSOS COVID PARA AS FAMILIAS

Achegamos recursos COVID para as familias recomendados pola Consellería

https://www.paho.org/es/recursos-sobre-covid-19-para-padres-ninos

COMEZO CURSO 2020-21

Según últimas instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia publicadas o día 31/08/2020 o comezo das clases farase de forma escalonada

XOVES 10 SETEMBRO: 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º de Primaria

VENRES 11 SETEMBRO: 6º de Infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º de Primaria

Así o venres xa estarían todos os cursos no centro

Ver adxunto con novas normas do colexio

IMPORTANTE

Ola a tod@s! Espero que vos atopedes ben e con ganas de que comecen as clases.

A finais da próxima semana poñeremos as indicacións para o comezo do curso.

INFORMACIÓN COMEDOR 2020-21

Para poder facer uso do comedor escolar durante o curso 2020-21 deben:

Imprimir o documento de autodeclaración (ou recollelo no centro dende o día 1 de setembro)

Cubrilo e entregalo no colexio dende o día 1 ata o 9 de setembro

Se algún alumn@ non vai facer uso do comedor escolar durante este curso, debe comunicalo o antes posible para facilitar a organización.

Podedes facer o cálculo da taxa coa calculadora da páxina da Xunta:

http://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

Para dúbidas: ceip.sandias@edu.xunta.es

O centro estará aberto dende o día 1 de setembro en horario de 10:00 a 13:00

VALES LIBROS E MATERIAL (SÓ PARA PRIMARIA)

O luns día 6 e o martes 7 de xullo de 10:00 a 12:00 deberán pasar polo colexio para recoller os vales para libros e material. Tamén se lle explicará que libros ten que comprar cada alumno.

As clases de 4º e 6º levarán os libros do próximo curso.

Se alguén non pode vir que contacte no correo ceip.sandias@edu.xunta.es

De non recoller os libros ou vales, gardaranse ata setembro.

Distribuir contido