VALES LIBROS E MATERIAL (SÓ PARA PRIMARIA)

O luns día 6 e o martes 7 de xullo de 10:00 a 12:00 deberán pasar polo colexio para recoller os vales para libros e material. Tamén se lle explicará que libros ten que comprar cada alumno.

As clases de 4º e 6º levarán os libros do próximo curso.

Se alguén non pode vir que contacte no correo ceip.sandias@edu.xunta.es

De non recoller os libros ou vales, gardaranse ata setembro.