O 2 de abril de 2014 realizáronse distintas actividades para coñecer a realidade das persoas con Transtorno do Espectro Autista (TEA).
Ao longo do mundo ilumináronse distintos edificios con luz azul para conmemorar esta data. Na nosa cidade, foi a Torre de Hércules, Patrimonio de Humanidade, a que se solidarizou.
No noso centro, o alumnado de Educación Infantil coloreou globos de azul e, na biblioteca, houbo unha SESIÓN DE CONTA CONTOS, para tosdos os grupos de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria. O animador foi Iago López, que nos presentou a obra "O aprendiz do home do saco" de Antón Reigosa.