UNHA COOPERATIVA EN TERCEIRO: "A MAN DE BARRO"
Os alumn@s de terceiro estamos a participar no proxecto Semente: Unha cooperativa na miña escola do Sevizo Municipal de Emprego. Durante todo o curso estamos a elaborar produtos con distinto material reciclado (aneis, pulseiras, xogo dos peixes, móbiles, ...) que venderemos nun mercado que se vai celebrar pola mañá o sábado 31 de maio no Obelisco.
Coas ganancias, cederemos unha parte a Cociña Económica e co resto organizaremos unha actividade que decidiremos entre todos.
O martes 22 de abril a xunta directiva da Cooperativa: Sofía, Sara e Xoel, xunto cunha representación dos cooperativistas recollemos no salón de plenos do Concello de A Coruña de man do Sr. Alcalde a Licenza de venda.
OS NOSOS PRODUTOS PARA A VENDA
A continuación podedes ver unhas fotos do acto e uns enlaces dos xornais: " A Opinión" e " Stadiosport" que recollen a noticia.
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/04/23/400-alumnos-crean-sus-cooperativas/833903.html