Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O galego pinta moito

Xa está aquí o Maio

Na primeira semana de Maio estivemos de celebración: festexamos a chegada da primavera, adornando Maios e cantando coplas. Contamos coa axuda do profe Pepe, que disfrutou con nós desta festa.  

Adornamos un maio figurativo con forma de pirámide e unha alfombra floral na que, en honor a Carlos Casares, pintamos unha galiña azul. Como vedes fomos enchendo os nosos Maios  de cor con  xestas, uces, fiúncho, fentos, outras flores silvestres e rosas de todas as cores e tamén empregamos bugallos para darlle o noso toque persoal.

Tamén escribimos e cantamos as COPLAS

Celebramos o Maio

Que gran ilusión

Fai moi bo día

Mantemos a tradición

  

A festa dos Maios

É unha festa popular

Renace a natureza

E digna de admirar.

Cantaremos coplas

Xa chegou a primavera

Xa está aquí o bo tempo

Foi moi longa a espera 

Cos escornabots

Moito xogamos

Aprendemos moito

Mentres traballamos

Un circuíto

Tivemos que deseñar

Para que o robot

Puidera circular 

Polo Samaín,

Apócemas fixemos

Botamos esconxuros

Dabamos moito medo.

No noso cole

Facemos moito deporte,

Levamos vida sá

Somos moi fortes!Quinto contra sexto

Tivemos que competir,

Non sabiamos que facer

Se chorar ou rir.

No deporte escolar,

Os de sexto arrasamos

Ás provinciais pasamos

E moi contentos xogamos

                 


Gañamos este ano

Varios concursos

A muller na ciencia

E tamén sobre o estatuto

Mulleres na ciencia

Moitas coñecemos

Esfórzanse moito

Nós tamén podemos

Contra os estereotipos

Queremos loitar

Somos todos iguais

Non hai que dicir máis.    

Quero ser científica

Non quero ser princesa

E tratar de  mellorar

A vida no planeta  

Este ano no Entroido

Coidamos  o planeta

Coa nosa comedia

Salvaremos a Terra.

Viaxamos a Madrid

Todos os de sexto

Con outros colexios

Moitos amigos fixemos.   

Fomos ao teatro

Ver o Rei León

foi alucinante

foi o mellor! 

Visitamos Faunia

Ao Aquarium entramos

E no Bernabeu

As copas admiramos.

Todos os de sexto

Marchamos para o instituto,

Que ben o pasamos

Xuntos neste curso.               

Rosalía de Castro con Realidade Aumentada

Os Códigos QR almacenan información nunha matriz de puntos ou nun código de barras bidimensional.

Estes códigos unha vez lidos dende un móbil, permitiranvos visitar a páxina Web introducida de forma  automática. Só tendes que  descargar un lector de códigos. Hai múltiples lectores QR gratuitos, para todos os móbiles e tablets nas App Stores dos dispositivos.

Abride a aplicación e, mantendo o obxectivo da cámara  sobre  os códigos QR , escaneade as imaxes (O escaneo realízase en cuestión de segundos) e descubriredes o que se agocha detrás de cada código.

 
Clase de 2º EP - Has de Cantar    Ed. Infantil - Non che teño medo moucho

Día de Rosalía

O 24 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu 180 aniversario. 

Este ano, como coincidía coa celebración do Entroido, adiantámonos uns día e celebrámolo o día 20 con diversos actos.

- Rapaces e mestres das clases de 3º a 6º  compartimos con todas as avoas e avós, no Centro de Día de Toén,  a nosa homenaxe a Rosalía.

 Falámoslles sobre a vida da autora e recitamos poemas, cancións e raps...

Participamos con entusiasmo nun xogo de memoria. Tiñamos que ordenar uns versos de distintos poemas de Rosalía. Pero non o faciamos sós, resolvemos cada proba traballando en equipo: rapaces de distintos cursos e maiores.

rosalia2017 by Slidely Photo Gallery

Despois, caracterizados coas nosas carautas de Rosalía e cos versos que cada un elixiu, fixemos fotos cos avós e as avoas  sumándonos así  a actividade proposta pola AELG: RosalíaTE 

#RosaliaTe2017 by Slidely Photo Gallery

O Nadal dos contos

Na Plataforma Agueiro, podedes ver as actividades que programamos para o acto:

E ti con que soñas este Nadal?

https://www.edu.xunta.es/agueiro/view/view.php?t=5DGBgUz4JIH1NtiYQflZ 

 

Semana do Peón e Escornabots

Robótica nas aulas

Polo San Martiño trompos ao camiño

O 11 de novembro celebramos o día do peón, buxaina , trompo, vira-vira, etc.  É un xogo tradicional que forma parte do noso patrimonio cultural. Nestes días queremos ver peóns bailando polos camiños, nos patios de recreo do colexio, nos parques, no patio da casa...

No refraneiro popular podemos atopar varios refráns que falan deste xogo. Que indican os meses nos que este xogo é Trending Topic Risa

Polo San Martiño, trompos ao camiño - 11 de novembro

Polo San Amaro, trompos ao faiado - 15 de xaneiro

Polo San Antón, peóns ao caixón - 17 de xaneiro

Pola Santa Olaia, peóns á borralla - 12 de febreiro

O primeiro é coñecer as partes do PEÓN e como se xoga. A buxaina é un xoguete feito de madeira, que se pode personalizar facilmente, pintándoo ao noso gusto. As partes do peón que debemos coñecer son:

O Ferrón - é o cravo de ferro sobre o que vira/baila o trompo. 

O Pirucho - é a parte de arriba, algúns trompos non a teñen.

A Barriga - é á parte máis ancha do peón

A Capa - Está comprendida entre o pirucho e a barriga.

A Piola - é a corda coa que se envolve o trompo e mide uns 50 cm. 

Toca agora vestir o peón:

No xeito de vestir o peón está, en grande medida, o éxito para que o xoguete baile. Amárrase da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e sóltase rapidamente para facelo bailar. Nun estremo da piola adóitase facer un nó corredizo para evitar que escorregue entre os dedos.

Tamén inflúe a forma de tiralo, cada un/nha ten que atopar o seu estilo: dende arriba, coma se o tirases cara o chan, ou paralelo ao chan coma se acendeses un motor dunha motoserra...

Nós deseñamos este taboleiro, para que coñezas ben este xoguete, coa axuda do escornabot.

Agora ti terás que facelo bailar, poñelo na man, sobre a corda...

Facede fotos e/ou vídeos e compartídeos para dar fe da vosa pericia.

Taboleiro en pdf Descargar tarxetas para recortar

 Bibliografía

Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Ed. Xerais.

Brinquedia 

Letras Galegas 4º. Lingua- 2016

 

Guardar

As nosas PEGADAS. 16/17

Distribuir contido


by Dr. Radut