Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP de TOÉN e neste recuncho da nosa web pretendemos xerar un espazo de difusión, proxectos e experiencias colectivas.
Esperamos que vos guste e vos animedes a participar.
CURSO 2017/18
Decembro 2017
NADAL DE CINE
OS NOSOS DESEXOS E ILUSIÓNS
Novembro: NON AO MALTRATO
UN CONTO PARA TRABALLAR A IGUALDADE DE XÉNERO
"ARTUR e CLEMENTINA"
Adela Turín, unha escritora italiana moi comprometida coa loita contra o sexismo , escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade.
Apoiámonos nel para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero. Trala lectura do conto na BE, mantivemos unha charla cos alumnxs sobre as impresións que tiveron e os sentimentos que xurdiron neles.
Despois, xa nas aulas, fixemos unha manualidade consistente en elaborar unha tartaruga empregando cartolina e reciclando unha botella . Dentro da cuncha, os nenxs tiñan que escribir unha frase ou palabra que Artur lle debería ter dito a Clementina, modificando deste xeito a súa maneira de pensar e actuar.
ASÍ QUEDOU O NOSO TABOLEIRO, CHEIÑO DE PALABRAS PRO IGUALDADE DE XÉNERO
OUTUBRO , películas e máis películas
PANEL/VIDEOTECA DAS PELÍCULAS QUE MAIS NOS GUSTAN
CURSO 2016/17
Chegado o Samaín : Apócemas de Química Siniestra...
Polo San Martiño...ven o inverno no camiño.
Polo San Martiño, castañas e viño.
Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.
A castaña que está no camiño é do veciño.
As castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho.
De San Miguel a San Martiño, recóllese o pan e gárdase o viño.
En San Martiño abre o pipote de viño.
No San Martiño, porco e viño.
San Martiño, vai ó magosto e mata o porquiño.
Polo San Martiño, trompos ao camiño.
Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
Polo San Martiño, buxainas ó camiño.
Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!
O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
Polo San Martiño, andan as noces a roliño.
Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
SOÑOS NO NADAL
E ti, con que soñas este Nadal?
Con ter moitos agasallos?
Con que toque a lotaría na túa casa?
Con ...?
Redactamos os nosos soños...
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
E para conmemorar o día da PAZ "TECEMOS SOÑOS DE PAZ"
Entre todos e todas queremos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola a resolución non violenta
Xa no ENTROIDO...TROULA , MANDADIÑOS E FESTA!
CURSO 2015/16
OUTUBRO TERRORÍFICO!
A NOSA PROPOSTA É : "ATRÉVETE A ESCRIBIR..."
...E En novembro ...de MAGOSTO!
"A castaña na lareira fixo pum! e rebentou
ai! pobriña da castaña, vaia golpiño levou"
POLO NADAL CON EFRÉN/APALPADOR AS DISFRUTAR
EN XANEIRO, PINGAS POLA PAZ
POR FEBREIRO ...ROSALÍA NA NOSA ESCOLA
CHEGADO MARZO, TRABALLAMOS A IGUALDADE:
"MULLERES NO MUNDO"
Co gallo do Día da Muller, un ano máis a nosa escola dedícalle unha homenaxe as mulleres ,e así as figuras femininas son as protagonistas.
CURSO 2014/15
NO MES DE OUTUBRO:
"VERBAS MONSTRUOSAS..."
CHEGADO NOVEMBRO:
"NO OUTONO ESTAMOS, E ASÍ RIMAMOS..."
...E POLO NADAL
ORGANIZAMOS O TRADICIONAL CONCURSO DE POSTAIS, E , SÍ... OS NOSOS PEQUENOS ARTISTAS SEMPRE DANDO TODO DE SEU!
31 de Xaneiro , Xornada pola PAZ na nosa escola.
O NOSO LEMA É : "Abaixo cos muros"
Estas son as actividades que puxemos en marcha este ano para conmemorar o día 31 de xaneiro e que, como vedes, teñen moito que ver co tema : "Abaixo cos muros"
...E NO MES DO ENTROIDO
Efrén marca o noso ritmo,
e os seus "Mandadiños" gobernan toda a semana.
...Cumprido MARZO, o noso CADRO POÉTICO peiteado de teselas poéticas.
...Chegado o mes de Maio, coplas e construcción do tradicional Maio
Nós seguimos a tradición e celebramos a chegada do bo tempo e facemos o noso maio con ramas e flores.
Por iso, saímos ao monte co "profe Miguel" e collemos xestas, uces e carrabouxos (musgo non, porque non se pode arrincar).
Con todo ese material fixemos o noso maio piramidal, compuxemos as coplas cun chisco de retranca (pero tamén con moito agarimo) como manda a tradición, e levámolo en andas por todas as clases para que @s compañeir@s viran a nosa obra.
Máis información : bloguesquio
E tamén en maio celebramos a Romaría das Letras Galegas.
Na que tocamos, cantamos, bailamos e representamos o que tiñamos preparado para todas as familias que se achegaron a vernos.
Ao rematar, como non podía ser menos, houbo festa e comida.