Este ano celébrase o IV Centenario da morte de Cervantes. Miguel de Cervantes Saavedra, poeta, dramaturgo e novelista, está considerado como un dos escritores máis importantes de lingua española e un dos máis célebres da literatura universal por ser o creador de "Don Quijote de la Mancha"
Esta é unha das súas frases célebres: “O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito”
Esta é a nosa proposta de ler, escribir e andar moooito para sabelo todo
EDICIÓNS DE MINI-LIBROS EN ESQUÍO EFRÉN
Poemas de Auga
Recompilación de poemas que teñen a AUGA como temática. Os alumnos/as buscaron poemas da literatura galega e ilustráronos con fotografías tomadas por eles.