Xa iniciamos o entroido co XOVES DE COMPADRES, no que fixemos unha simbólica liorta entre os nenos e nenas.
Neste primeiro xoves as nenas facemos uns bonecos con papeis e trapos chamados compadres, que defendemos para que os nenos non se apoderen deles , xa que a súa intención é a de rompelos.
A liorta hoxe foi moi disputada!!!!
Non sabemos o que pasará o próximo xoves de comadres!
A Liorta queda pendente!