Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escolares, 1º Curso, 3º Curso, 6º Curso, Obradoiro das Letras, Medio Ambiente, Música, Ed. infantil, Inglés, Games, Good Job, Celebramos!, Recunchos, PALE, blog skills, Historias da nosa aula, O souto dos Laretas

1º Ciclo de Primaria 2011/ 2012

Curso 2011/12 on PhotoPeach

Gif Smiley 3D

"...e chega setembro e iniciamos un novo curso na escola .

¡Os días na escola son moi divertidos!

Contamos historias e máis historias, e xogamos , e parolamos, e tamén aprendemos moitas cousas!

Eiquí estamos nós...este é o noso primeiro día deste curso.

Setembro 2011


Unha aperta para todos.

PREME NA IMAXE DO BLOGUE DE AULA


 

1º Ciclo de Primaria 2011/ 2012

Cos pés na terra

 Publicamos  COS PÉS NA TERRA, unha revista que recolle as actuacións medioambientais que levamos a cabo no colexo e que pretende animar a todos a pensar globalmente e actuar localmente.

Consta de 12 actuacións que alumnos/as, mestres e familias realizamos no noso día a día contribuíndo así, a frear o cambio climático.

QUERER É PODER.

Porque isto é TRÁFICO!

Alumnos/as de 5º de EP no festival das LETRAS GALEGAS


 


 


 


 

O CAMBIO CLIMÁTICO DESDE A ESCOLA

O cambio climático non é unha película de ciencia ficción ... é unha realidade.

O noso proxecto "Pensa globalmente e actúa localmente" foi elixido para participar no I CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DOS CENTROS DE ENSINO DE OURENSE xunto con outros 9 colexios, mellor dito, institutos, da provincia. Nós eramos os participantes máis novos, os únicos alumnos/as de Primaria.

Espuxemos o noso traballo en prol do medio ambiente dando a coñecer os hábitos de comportamento medioambientais que adoptamos  para que  o noso concello, un anaquiño deste planeta, estivese un pouquiño menos contaminado.

Levamos a cabo diversas actuacións: 

-  Campañas de reciclaxe "DÁNDOLLE OUTRA OPORTUNIDADE"

- Localizamos, en diversas saídas á contorna, vertedoiros ilegais e comunicamos a situación dos mesmos ao concello. Tamén detectamos soterramentos dalgúns vertedoiros, impedindo que saia o monte autóctono.

- Participamos na repoboación do entorno próximo e do colexo.

- Facemos compost no colexio e coidamos o noso horto escolar.

- Aprendemos sobre as Enerxías renovables e non renovables, Os gases de efecto invernadoiro,
O efecto invernadoiro.

- Construímos unha cociña solar e cociñamos tartas, galletas, unha infusión, comprobando que pode cociñar
xa que alcanza os 70 º de temperatura. Tamén potabiliza auga.

- Editamos a revista COS PÉS NA TERRA

- Montamos diversos vídeos, este é o que escollemos para mostrar no congreso.

OBXECTIVO: DETER O CAMBIO CLIMÁTICO" 

Eu tamén son diferente... E que?

Neste planeta globalizado so poderemos convivir, ter futuro, se empregamos a chave da tolerancia, do encontro entre culturas, do respecto e a solidariedade.


É un traballo  que nos  corresponde a todos: ós pais e nais, á escola, os concellos, ós medios de comunicación ..., para continuar educando na tolerancia, na convivencia.
Axudounos nesta labor un contacontos moi especial, unha especie de xacio, trasno, barqueiro do río Miño, de Chantada, que se chama Anxo Moure e que forma parte dun proxecto chamado Contos Solidarios da ONG Bicis Pola Paz.


Eu tamén son diferente... e que?

De azul e auga

A auga é vital para os seres humanos, para os animais e as plantas, por iso contribuíu á formación de pobos, vilas e cidades. O noso concello está atravesado polo río Miño que, desde antigo, ademais de ser unha importante vía de comunicación, pois a xente trasladábase en barca dun pobo a outro, foi tamén unha gran despensa...
Memoria do Proxecto

As Aceas

 

De auga e soños

 

 

                

Pai Miño. Artes de pesca

 

De azul e auga. As nosas fontes.

Aquarela

Para o día da Paz, na clase de música, preparamos varias cancións:
Rock sen guerra - é o noso himno, cada ano engadimoslle unha estrofa máis.
Cando ti estes contento - cantamos e acompañamos con percusión corporal.
O himno da alegría - tocámola coa frauta.



Aquarela, con esta canción de TOQUINHO,
UN MUNDO DE CORES, IMOS CONSEGUIR.
PINTADO A AQUARELA QUE NON SEXA GRIS.
NO ARCO DA VELLA SÚBETE AMIGO,
NON TE PARES A PAZ É O CAMIÑO.
Letra: Alumnos/as Colexo Toén


 


A Xiralda, Xiraldiña

As Cores Da Paz

Edición do caderno
 


As Cores da Paz



Con variadas e coloridas aportacións de todos os alumnos/as do centro: debuxos, contos, poemas, cancións, cartas e desexos.

Entroido 11

E TI DE QUEN VÉS SENDO?
Dende a aula de música, promóvense distintas actividades tanto musicais como dramáticas para representar nestas datas.

O tema do Entroido foi a FAMILIA, encadrado no proxecto "E ti de quen vés sendo"  (familia, a árbore xenealóxica, os motes, os oficios ...). 

 Nas distintas titorías escollemos disfraces de familias famosas: Os  Addams, Os Simpson, Os Incribles, Os Picapedra, Os Dalton e A Mafia  italiana.

 Ensaiamos unha comedia que rematou nunha roda de recoñecemento.

 Versionamos o tema principal The Addams Family

 Letra - Música (está claro que o noso non é ENTONAR!!!)

Distribuir contido


by Dr. Radut