Esta é a nosa alfombra de flores. O plan era facela no Centro de día, xa que nos invitaron a decorar cos Maiores a que tiñan preparada eles, pero o día amaneceu chuvioso e arruinou a saída. Debuxamos este Trisquel e por cursos, fomos recubríndoo cos pétalos que trouxeramos.
O Día de Rosalía é unha data de imprescindíbel celebración, pois foi a primeira en dar o paso definitivo empregando e defendendo o noso idioma co seu "Cantares gallegos". NÓS CELEBRAMOS VARIOS ACTOS E ASÍ OS VIVIMOS..
Este Nadal quixemos renderlle homenaxe ao Apalpador, personaxe tradicional do Nadal galego que pasaba o ano facendo carbón e entre o 24 e o 31 de decembro deixaba castañas e algún agasallo feito por el aos nenos e nenas galegas.
Participamos na actividade colectiva: Bailamos co Apalpador? Gravando esta coreografía na que participamos tod@s. Para ler máis navega pola web ->sección música
O xoves 1 de outubro, na BIBLIOTECA da nosa escola , disfrutamos do teatro cos títeres de "A Xanela do Maxín" Compartiron connosco historias e aventuras e regaláronnos momentos inesquecibles. Tod@s disfrutamos có espectáculo "Chincha Rabincha" que nos ensinou o truco para rematar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites.