Igualdade de xénero, igualdade de oportunidades
A igualdade de xénero implica igualdade de dereitos e oportunidades para todos/as, independentemente do sexo, crenzas, orixe ou calquera outra condición.
Nestes días realizamos unha serie de actividades para reflexionar sobre os estereotipos de xénero no referente ás profesións.
Reunidos todo o centro na biblioteca, realizamos unha dinámica coeducativa, moderada por Carmen, na que os nenos e nenas tiñan que describir a unha persoa que opera, unha persoa que conduce un camión, unha que apaga incendios e rescata xente... (evitando mencionar o seu sexo.)
A maioría das respostas foron "é alto e forte, co pelo curto..."
- E como é unha persoa que axuda ao cirurxián, ou unha persoa que fai peiteados?
As respostas foron : "alta, delgada, co pelo longo..."
Ao cabo, dixémoslles que iamos facer un xogo e entrou na biblioteca unha muller vestida cun chandal.
Preguntámoslles cal pensaban que era a súa profesión. Estas foron as respostas:
- Entrenadora persoal
- Profesora de E. Física
- Dependenta
- Mestra
- Enfermeira...
Agora tiñan que adiviñar cal era a profesión desta muller facéndolle preguntas directas, ás que elas só podía responder si/non.
A muller abandoou a biblioteca uns minutos e apareceu equipada co traxe que emprega diariamente no seu traballo: era BOMBEIRA.
Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa profesión e sobre todo interesáronse polos perigos da mesma. Ela explicou que, ante todo, había que ter sangue frío para actuar en situacións límite e que "nesta profesión non hai superheroes, todo se basea no traballo en equipo"
CONCLUSIÓNS: Ás veces sen ser conscientes asignamos distintos papeis e temos comportamentos diferentes coas persoas segundo nacesen nenos ou nenas e temos distinas expectativas para cada xénero, e estes comportamentos deben ser corrixidos. A igualdade non debe ser unha actividade puntual, se non que debe formar parte da nosa rutina diaria.