Frea a violencia, respecta e tolera
Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Traballamos os estereotipos e a educación.
Unha bombeira, achegouse ata o colexio para compartir con nós como é o seu traballo. Comezamos cunha charla sobre as profesións, os rapaces tiñan que adiviñar cal era a profesión da muller facéndolle preguntas precisas, ás que a profesional só podía contestar si/non.
Este foi un dos Cortos proxectados na biblioteca do centro cun posterior debate.
Cada aula decorou un chanzo con lemas sobre a igualdade de xénero. Con todos os chanzos construímos a nosa "ESCADA DA IGUALDADE".
Rematamos cantando a canción Respecta e tolera:
Estamos en contra da violencia
xuntos dicímolo a VIVA VOZ
está nas túas mans, voucho a explicar
calquer conflicto se pode arranxar.
Frea a Violencia
Respecta e Tolera.
(Marcando o ritmo coa música de Queen "We will rock you")