Reto para escornabot's users II. Disección dun libro
Un escornabot na biblioteca
Agora que xa sabedes todo sobre os escornabots, vouvos a falar un chisco sobre as miñas afeccións.
Un dos meus praceres é LER. Por iso son moi afortunado xa que vivo nun dos lugares máis acolledores que poidades imaxinar... Na Biblio do cole.
Dende hai catro meses, a biblioteca é o meu lugar de xogo, case que non hai segredos para min, por iso hoxe propóñovos este novo reto, vai sobre libros.
Propóñovos un xogo no que aprenderemos as partes que pode ter un libro. Imos coñecer un libro por dentro e por fóra!!
"Recordade que un escornabot desenvolve todo o seu poder cando roda por un taboleiro"
Material necesario para xogar:
Na biblio disporás dun escornabot, do seguinte taboleiro e das tarxetas coas preguntas impresas
Taboleiro coas partes do libro | tarxetas coas definicións |
Desenvolvemento do xogo
Xogaremos por parellas.
Ao comezar o xogo, as tarxetas colocaranse boca abaixo .
Os equipos, en quendas alternas, levantan unha carta e len a definición.
Os membros do equipo contrario colocan o escornabot na casilla de saída e teñen que programalo para que chegue á resposta.
Por cada resposta acertada, reciben un punto.
Se non acertan, ou se o escornabot non chega ao destino, a tarxeta colócase no fondo da baralla e a quenda pasa ao seguinte equipo.
O xogo remata cando se fan todas as preguntas e gaña o equipo que obteña mais puntos.