Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escornabots na biblioteca escolar

Robótica nas aulas

O Proxecto Escornabots é unha iniciativa da D.X. de Centros e RRHH, integrada no Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe).

Seguro que vos estaredes preguntando Que é un Escornabot? 

 ESCORNABOT, Unha historia de  cacharros, poderes e compartición

"É un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos/as. 

  • É feito por nós, todos/as poden axudar.
  • É un proxecto de hardware aberto (OSHW) e software libre (FOSS) e podes adaptar as súas características ás túas necesidades: pórlle sensores, leds, cambiar a apertura do ángulo de xiro, a distancia que avanza... calquera cousa que se che ocorra." 

 

https://escornabot.com

"Trátase de programar para aprender e non tanto de aprender a programar... Programar é falar coas máquinas e que ademáis te entendan."  Alberto Méndez.

Temos asesoría permanente na Wiki de escornabot. EscornaWiki

Os obxectivos do proxecto son:

  1. Promover unha actitude positiva cara á tecnoloxía e a aprendizaxe activa.
  2. Familiarizarse e adquirir confianza na construcción e manipulación de obxectos tecnolóxicos.
  3. Fomentar os valores da cultura libre, o traballo cooperativo, a tecnoloxía como medio de participación cidadá, no contexto da biblioteca escolar.
  4. Coñecer os fundamentos técnicos básicos de robótica, electrónica e programación.

 



page | by Dr. Radut