Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Proxecto Escornabot. A familia medra

Robótica nas aulas

Dende este curso contamos con dous pequenos robots na biblioteca do centro. No mes de setembro contaremos con 2 máis, ata un total de 4 escornabots.

O primeiro escornabot montouno Sali en Santiago. Foi de avanzadilla para aprender todo sobre robótica e con todo ben aprendidiño, voltou e montamos un pequeno taller de montaxe para darlle vida ao segundo escornabot.

Ten diferentes compoñentes: 

Partes impresas en impresora 3 D -> As rodas e o “chasis”

Partes electrónicas -> 2 motores, controladores, cables, interruptores, CPU.

Parafusos e ferraxería en xeral 

 

 OBRADOIRO DE MONTAXE

Os de 4º e 6º encargámonos de montar o chasis, a armadura plástica da parte inferior do escornabot. Lemos a guía de montaxe e comezamos unindo as distintas pezas.  Guía de montaxe 

   

Da parte eléctrica, soldaduras e conexións encargáronse os profes. 

O escornabot  ten unha botoneira na que lle marcas o desprazamento que queiras que realice: UP – DOWN/ RIGHT – LEFT e GO picando en cada botón o robot executará distintos desprazamentos por un taboleiro.



page | by Dr. Radut