IMOS A GAÑAR!
O Entroido deste ano foi a festa do deporte.
Todo xirou en torno ao tema: "Con Efrén nos Xogos Olímpicos"
Inventamos a nosa copla do Entroido: IMOS A GAÑAR!, A ARRASAR!!
Escribimos a chirigota na clase, coa música de Gangnam Style..., e por suposto, tamén a bailamos.
Ensaiámola na clase de música c@s nen@s de 3º ciclo, pero ao longo da semana todo o cole se foi sumando.
Este é o vídeo que trata de mostrar, musicalmente falando, como transcurriu esta semana de Entroido.
IMOS A GAÑAR, A ARRASAR!
Estamos en forma e ímolo a demostrar día e noite adestrando tense que notar. Nós non nos dopamos, iso é ilegal! Nós comemos caldo que nos vai xenial. Vimos a competir, somos atletas e xinetes estamos aquí Somos os escollidos do concello de Toén Fomos seleccionados, os mellores, ben o podes ver! Que o diga Efrén! Nos circuítos, tamén nas pistas Imos gañar, a arrasar! Xa estou chegando, xa vexo a meta... Son campión, que ilusión. e a vitoria nesta proba e para MIN, MIN, MIN... VIMOS A ARRASAR, A ARRASAR! IMOS A GAÑAR.... a gañar EEEEE EEE AI QUE NIVEL!!! |
Estamos en forma e ímolo a demostrar día e noite adestrando tense que notar. Nós non nos dopamos, iso é ilegal! Nós comemos caldo que nos vai xenial. Vimos a competir, somos ciclistas, karatekas e estamos aquí. Os mellores esgrimistas de todo Toén. Co florete ou sobre rodas ti o podes ver!, que o diga Efrén! Nos circuítos, tamén nas pistas imos gañar, a arrasar! Xa estou chegando, xa vexo a meta Son campión, que ilusión. e a vitoria nesta proba e para ti! IMOS A GAÑAR! |