Pingas de Paz
Dispoñedes dun cartaz con actividades interactivas, contos, vídeos para traballar na aula.
So tedes que entrar no Blog da Biblioteca - BLOGUESQUÍO
Tratamos de ir salpicando a tod@s e, pouco a pouco, iremos xuntando unha marea de Paz
Cada profesor/a na súa aula está a realizar actividades para conmemorar o Día da Paz e non Violencia, pero estas son as actividades nas que participaremos tod@s en conxunto:
1ª Pinga de Paz.
LIBROS QUE ALIMENTAN
Esta iniciativa solidaria parte da biblioteca escolar.
Organizamos unha Feira Solidaria na que podedes "adoptar" os libros que vos interesen, e a cambio traeredes un quilo dalgún alimento non perecedeiro.
Os alimentos recollidos entregarémosllos ao Banco de Alimentos de Ourense e aos Servizos Sociais do Concello de Toén.
Polo cole xa teñen pasado moitos pais e nais e xa temos 4 caixas cheas de alimentos.
Peo aínda quedan moitos libros que desexan ser adoptados.
ANIMÁDEVOS e compartide a idea c@s vos@s amigos e familiares.
2ª Pinga de Paz.
O MUNDO É GRANDE. (letra Mamá Cabra e música Leroy Anderson- O reloxo sincopado)
No blog de Mamá Cabra podedes descargar esta canción e un feixe delas máis.
A canción que eliximos este ano para traballar todo o centro é O MUNDO É GRANDE, con letra de Mamá Cabra e adaptada á música "THE SYNCOPATED CLOCK" (eu sempre a voltas co inglés) do compositor Leroy Anderson.
The students in Grades 5 and 6 and the teacher have written the song in English, e tamén a cantamos en inglés.
Acompañamos con percusión de madeira, seguindo o compás, á vez que facemos unha sinxela coreografía, máis exactamente uns sinxelos movementos de desprazamento cara dereita, cara atrás, agachámonos, facemos un círculo... sen perder o ritmo "sincopado do reloxo"
Coma todos os anos tamén cantaremos o noso himno: O ROCK SEN GUERRA.
3ª Pinga de Paz.
Os rapaces de 6º están montando e editando un vídeo baseado na canción O mundo é grande.
4ª Pinga de Paz
Na clases de 2º e 3º Ciclo están a ler o libro "O neno can" de Fina Casalderrey e Francisco Castro.
Na hora de Alternativa reescribiremos os contos a modo de noticia.
Podedes visitar o Blog da biblio e facer un feixe de actividades interactivas trala lectura do libro.
5ª Pinga de Paz
Escribimos un manifesto da Paz que foi medrando a medida que viaxaba polas clases.
6ª Pinga da Paz
Publicaremos o 2º número do Noticieiro pacífico.
Os rapaces convértense en xornalistas e escriben noticias sobre temas humanitarios, respecto aos dereitos humanos, resolución de conflitos, convivencia, compañeirismo, é dicir, noticias que non adoitan aparecer nos xornais.
Tamén maquetan e publican o xornal.