RECITANDO A Celso Emilio Ferreiro
DEITADO FRENTE AO MAR
O día 12 do 12 ás 12, escoitouse en Galiza un berro. Un berro que non tiña idades, unha homenaxe á nosa lingua, á nosa cultura, ás nosas raíces, ás nosas xentes... A NÓS.
No ano do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, tod@s estivemos no punto de encontro: alumn@s, mestres, nais, persoal laboral ... para participar nun recitado colectivo (iniciativa da Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística).
Coma formiguiñas, traballamos a reo durante uns días...
- Pintamos un mega cartel
- Escribimos parte do poema no patio.
- Rapeamos...
Este foi o produto: dentro vídeo!!!
Este é un video resumo coas fotos do noso traballo:
RecitandoCelsoemiliO
Ao rematar o mes de decembro tamén remata o ano do centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, un dos poetas mais representativos da literatura galega da segunda metade do século XX.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística decidiu renderlle homenaxe cun acto colectivo de recitado do seu poema "Deitado fronte ao mar", publicado en 1962 no libro Longa Noite de Pedra.
Nós tamén quixemos sumarnos a esta iniciativa e comezamos o pasado mércores pintando no patio os primeiros versos deste poema. (podedes ver algunhas fotos no mural de abaixo) Ata houbo mamás que nos axudaron!
Convidámosvos a que vos acheguedes ao centro o día 12 de decembro ás 12 e participedes connosco nesta actividade.