Iniciar sesión
SECRETARÍA
Iguala-T
admin — Mar, 19/03/2024 - 15:43
No Equipo IgualaT aplicamos o aprendido na formación e creamos, en colaboración co Equipo de Biblioteca, este recuncho no que expoñemos estes contos.
Polos Creativos
admin — Mar, 12/03/2024 - 11:45
Seguimos a traballar cos Kit singulares enviados pola Xunta. Nesta ocasión, este material axúdanos a formar constelacións de estrelas.
Proxecto Ríos 1º EP
admin — Lun, 11/03/2024 - 17:01
Microproxecto "Ulla e Sar" levado a cabo polo alumnado de 1º de Educación Primaria para o desenvolvemento do Proxecto Ríos.
Voz Natura - Fame Cero
admin — Ven, 08/03/2024 - 19:12
O alumnado de 4º de Educación Primaria, unha vez rematadas as unidades didácticas das dúas Ciencias relacionadas cos sectores económicos, economía circular, consumo, alimentos naturais e procesados,... e despois de plantar a horta ecolóxica con Mans Unidas, esta ONG tamén nos organizou un obradoiro no que coñecemos as sementes de moitos alimentos que consumimos e que viñan desde 15 a 8.000 km da nosa casa. Cos gastos e contaminación que ten o transporte. Algunhas foron: améndoas, café, cacao, millo ou xirasol.
Esta actividade está tamén relacionada co segundo obxectivo da Axenda 2030: Fame Cero.
8M - Visita Ruth Lorenzo
admin — Ven, 08/03/2024 - 14:06
Hoxe, 8 de marzo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a cativada do colexio tivo o privilexio de asistir a unha charla impartida pola karateka Ruth Lorenzo Couso, a cal resaltou a importancia da muller e os seus logros no ámbito deportivo.
Formación Iguala-T
admin — Ven, 08/03/2024 - 09:56
Este xoves, 7 de marzo, as 16 mestres e mestras inscritas/os no Contrato Programa Iguala-T, recibiron a primeira sesión de formación sobre Diversidade afectivo-sexual e de xénero, da man de Marcos Barreira.
Polos Creativos
admin — Xov, 07/03/2024 - 14:05
No equipo de Polos Creativos, seguimos a traballar e comprobar diferentes formas xeométricas con outros materiais. Ben partindo de patróns ou creándoas libremente. Chegando a crear composicións con diferentes figuras.
Conto TDAH
admin — Mér, 06/03/2024 - 13:13
En 3º de Educación Primaria traballamos o conto "Topito terremoto" para tratar de comprender que é o TDAH.
8M - Día da Muller
admin — Mar, 05/03/2024 - 14:09
Hoxe, con motivo da semana na que se celebra o 8M, as crianzas de Educación Primaria asistiron no colexio a un contacontos teatralizado sobre a figura de Rosalía de Castro. Dita representación foi levada a cabo polo CIM de Padrón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |