Iniciar sesión
SECRETARÍA
Saída Fin de Curso 2º EP
admin — Lun, 17/06/2024 - 12:09
A cativada de 2º de Educación Primaria acudiu o venres 7 de xuño ao Centro Ecuestre Galiocio (O Grove) para desfrutar de distintas actividades hípicas.
Analítica Río Sar - 5ºEP
admin — Xov, 13/06/2024 - 12:06
Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, ao igual que fixo o alumnado de sexto á semana pasada, acudiron ao Campo da Barca para desenvolver a actividade sobre a analítica do Río Sar.
Xornada de Convivencia no Monte Santiaguiño
admin — Mér, 12/06/2024 - 15:40
Onte, 11 de xuño, a rapazada de 6º de Educación Infantil desfrutou dunha xornada de convivencia no Monte Santiaguiño. Fixeron mandalas con distintos elementos naturais e merendaron todos xuntos.
Visita Club Ciclista Cortizo
admin — Mér, 12/06/2024 - 09:43
O club ciclista Cortizo visitou o noso centro co fin de promocionar o ciclismo e a utilización da bicicleta como vehículo alternativo e actividade de ocio.
Visita Tellados da Catedral de Santiago
admin — Mar, 11/06/2024 - 14:28
Hoxe, 11 de xuño, as crianzas de 5º de educación primaria acudiron a Santiago de Compostela para subir ás cubertas da Catedral, asistir a unha interesante charla sobre detalles da súa construción e visitar o seu museo (colección permanente).
Piragüismo 5º EP
admin — Ven, 07/06/2024 - 15:49
Un ano máis, o alumnado de 5º de Educación Primaria participou na actividade de piragüismo no Club Náutico de Pontecesures.
Saída Ecoparque Marín - 5º EP
admin — Xov, 06/06/2024 - 19:25
A cativada de 5º de Educación Primaria acudiu hoxe, 6 de xuño, ao Ecoparque Marín onde puido desfrutar dos variados circuítos arbóreos e das tirolinas alí instaladas.
Voz Natura Educación Infantil
admin — Mér, 05/06/2024 - 18:55
Hoxe, 5 de xuño, a rapazada de infantil fixo a colleita das leitugas que plantou. Levaronas para o comedor e desfrutaron dunha rica e ecolóxica ensalada no seu menú.
Día do Medio Ambiente 2024
admin — Mar, 04/06/2024 - 15:28
Para celebrar o día do medio ambiente o alumnado de sexto de educación primaria fomos ao campo da Barca para facer unha analítica do Río Sar. A auga estaba algo turbia, pero logo vimos que non había macroinvertebrados das categorías máis sensibles á contaminación, como si tiñamos atopado o ano pasado no Río de Seira. O pH e nitratos están ben, pero o osíxeno da auga estaba baixo e a temperatura de 16ºC era algo elevada. Calculamos a velocidade das árbores de ribeira para manter as condicións do ecosistema fluvial e concienciarnos de que cada un de nós temos que axudar a coidar o Medio Ambiente.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |