Iniciar sesión
SECRETARÍA
Xogos dos nosos avós
admin — Xov, 03/10/2024 - 18:00
O martes 1 de outubro un grupo de maiores do noso concello viñeron ao centro para ensinarlles ao alumnado de 3º a 6º os xogos que tiñan eles cando eran nenos.
Preme na imaxe para ver as fotos
Proxecto "O cine"
admin — Xov, 03/10/2024 - 17:46
Dende bliblioteca omenzamos a traballar no Proxecto Anual do centro. Coa temática do cine. Investigamos sobre imaxes que apareceron nas aulas.
Seremos quen de contestar estás cuestions?
Preme na imaxen para ver as fotos
Coñecendo o bosque atlántico
admin — Xov, 26/09/2024 - 11:00
O martes 24 de setembro o alumnado de 6º de E. Primaria participou nunha actividade acerca do bosque atlantico. Durante a realización da mesma coñeceron as especies arbóreas do bosque atlántico( Rías Baixas), as principais especies invasoras e os problemas ambientais que estas últimas están a ocasionar.
Documentos de Centro
admin — Mar, 17/09/2024 - 10:02
Para acceder aos documentos prema na imaxe correspondente. Os documentos que faltan iranse subindo nos próximos días.
Actividades Anpa
admin — Xov, 05/09/2024 - 13:17
No Curso 2024-2025 tanto as altas de socios/as da ANPA como as inscricións nas actividades extraescolares realizaranse unicamente a través dos formularios web habilitados nesta Páxina Web:
§ Alta Socio/a: unha por unidade familiar (cota anual 20€/familia a ingresar na conta número: ES35 2080 0304 6430 4003 0460 (ABANCA) Concepto: nome do neno/a). O xustificante da transferencia deberá achegarse dentro do formulario a cumprimentar para darse de alta.
Link alta socio:
§ Inscrición en actividades extraescolares: unha inscrición por cada neno/a. O prazo para realizar as inscricións nas actividades será ata o próximo mércores 18 de setembro incluído co gallo de poder organizar e iniciar as actividades no mes de outubro sempre que se forme grupo. Todos os usuarios e usuarias das actividades serán informados da data de comezo das clases así como dos obxectivos das mesmas. A información detallada das actividades ofertadas (prezos, horarios, etc.) pódese encontra no pdf “Información actividades extraescolares curso 2024-2025”
Link alta actividades extraescolares:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |