Iniciar sesión
SECRETARÍA
Voz Natura Educación Infantil
admin — Mér, 05/06/2024 - 18:55
Hoxe, 5 de xuño, a rapazada de infantil fixo a colleita das leitugas que plantou. Levaronas para o comedor e desfrutaron dunha rica e ecolóxica ensalada no seu menú.
Día do Medio Ambiente 2024
admin — Mar, 04/06/2024 - 15:28
Para celebrar o día do medio ambiente o alumnado de sexto de educación primaria fomos ao campo da Barca para facer unha analítica do Río Sar. A auga estaba algo turbia, pero logo vimos que non había macroinvertebrados das categorías máis sensibles á contaminación, como si tiñamos atopado o ano pasado no Río de Seira. O pH e nitratos están ben, pero o osíxeno da auga estaba baixo e a temperatura de 16ºC era algo elevada. Calculamos a velocidade das árbores de ribeira para manter as condicións do ecosistema fluvial e concienciarnos de que cada un de nós temos que axudar a coidar o Medio Ambiente.
Proxecto Ríos (A Sementeira)
admin — Dom, 02/06/2024 - 21:32
Na Sementeira apuntámonos ao Proxecto Ríos porque queremos crear conciencia medioambiental, valorando a importancia da preservación e conservación da natureza. Na aula de tres anos traballamos na elaboración dun caderno de campo no que recollemos mostras de dúas plantas que podemos atopar facilmente na beira do río cando imos de paseo: os fieitos e os estalotes. Coñecemos as plantas, compuxemos o seu nome con palabras móbiles e copiámolo de xeito autónomo, prensamos varios fieitos e estalotes para o noso caderno, e por último pintamos con pinceis para os dedos e bastoncillos. Se visitades o noso blog de aula poderedes ver unha secuencia de fotos que resumen a actividade levada a cabo.
Voz Natura 4ºEP
admin — Ven, 31/05/2024 - 15:21
Recollemos os chícharos que temos plantados debaixo de cada froiteira e debullámolos para comelos no comedor. As vainas acabaron no composteiro para que a nosa horta sexa circular.
Proxecto Ríos 5º EP
admin — Xov, 30/05/2024 - 09:46
A cativada de 5º de Educación Primaria levou a cabo un traballo colaborativo de investigación sobre os peixes dos ríos galegos, o cal atópase enmarcado dentro do Proxecto Ríos.
Día do Medio Ambiente 2024
admin — Xov, 23/05/2024 - 16:06
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, aproveitando que queda pouco para celebrar o día do Medio Ambiente, fomos a Santiago a ver o nacemento do río Sar e tamén visitamos o Museo de Historia Natural.
Proxecto Ríos - Augas de Galicia
admin — Xov, 23/05/2024 - 15:27
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria aprendemos moito grazas a unha científica de Augas de Galicia. Valoramos o uso da auga nas nosas vidas, coñecemos o importante que é respectar os cauces dos ríos e o útiles que son as areas, pedras,... no seu leito, causas e consecuencias de inundacións,...
Voz Natura - Día mundial das abellas
admin — Mar, 21/05/2024 - 18:44
Con motivo da conmemoración do día mundial das abellas (20 de maio), o alumnado de Arts das seccións bilingües en 1º e 2º de educación primaria, elaboraron a súa propia colmea, mentres comprendían a importancia que estes pequenos seres teñen para as persoas; tanto na produción de alimentos, como na súa importante labor como polinizadoras; así como a diminución de poboacións de abellas na actualidade, debido a contaminación atmosférica e a chegada doutras especies invasoras.
Polos Creativos
admin — Lun, 20/05/2024 - 09:08
Poñemos en práctica o aprendido na sesión de formación sobre a cortadora láser, cunha facilitada de préstamo polo Cafi. Velaquí son os resultados. Mágoa que algúns traballos precisen moito tempo e non puidésemos rematalos.
Letras Galegas 2024 - Educación Infantil
admin — Mér, 15/05/2024 - 16:41
A rapazada de infantil fai florecer o noso idioma para conmemorar o día das Letras Galegas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |