Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Novas
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021
loli — Mar, 19/05/2020 - 09:34
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
- Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
- Extracto da Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
- A solicitude pode ser efectuada por pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado, e será única para tódas as fillas e fillos, sendo o medio de presentación preferible a aplicación informática fondolibros, que tramita a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
INFORMACIÓN RELACIONADA
Adaptación programacións 3º trimestre
loli — Sáb, 16/05/2020 - 22:55
Publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do vixente curso académico, polas que o profesorado do centro procedeu á adaptación da programación didáctica para centrala, preferentemente, na obtención dos obxectivos e competencias clave da primeira e segunda avaliación, reforzando e consolidando as aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles das mesmas, que garanten a continuidade do proceso educativo ao longo da etapa ou unha vez finalizada a mesma. Así mesmo, establécese o procedemento para a cualificación final do alumnado.
ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2019 - 2020
PROGRAMACIÓN 1º PRIMARIA PROGRAMACIÓN 2º PRIMARIA
PROGRAMACIÓN 3º PRIMARIA PROGRAMACIÓN 4º PRIMARIA
PROGRAMACIÓN 5º PRIMARIA PROGRAMACIÓN 6º PRIMARIA
PROGRAMACION E. FÍSICA PROGRAMACIÓN INGLÉS
Restablecemento do proceso de admisión do alumnado
loli — Mér, 06/05/2020 - 15:44
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
A presentación da solicitude poderá facerse:
-
via online en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
-
presencialmente, no propio centro, con cita previa ( ben a través do correo do centro ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.gal, ben por vía telefónica (982870390) en horario de 9:00 a 14:00h).
-
Se acudas ao centro educativo leva mascarilla e luvas.(o centro dispón de xel hidroalcólico para uso das familias
-
Mantén a distanza de seguridade.
-
Sigue as indicacións que aparecen na cartelería situada no corredor principal e na porta do centro.
- Atenderémoste desde a fiestra da Secretaría.
Outros aspectos importantes:
- Presentación da documentación acreditativas dos criterios de baremo, se é o caso: ata o 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 8 de xuño de 2020.
- Poderase formular reclamación contra as lixtaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados dende o día segunte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 18 de xuño de 2020..
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do día 1 ao 10 de xullo de 2020.
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS
loli — Xov, 01/08/2019 - 11:15
Publicada a listaxe definitiva do alumnado de educación primaria que ten dereito ao fondo de libros de texto.
Consultar o Anexo.
As familias do alumnado que non recolleron os vales de axudas para libros de texto e/ou material escolar poderán recollelos a partir do día 2 de setembro na secretaría do centro.
Fondo Solidario de Libros. Axudas Libros.
loli — Dom, 30/06/2019 - 18:47
PRAZO DE PRESENTACIÓN (21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO DE 2019 (INCLUSIVE)
ORDE DO 3 DE MAIO DE 2019 (DOG 20 de maio).
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS 2019/ 20 (VER ANEXOS)
LISTAXE DE ALUMNOS/AS PERÍODO DE ADAPTACIÓN (VER ANEXOS)
Día de libre disposición do centro educativo
loli — Xov, 16/05/2019 - 08:57
O vindeiro luns, 20 de maio, non haberá clases ao ser este día o escollido polos centros públicos de primaria de Lugo como de libre disposición.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
loli — Lun, 25/02/2019 - 21:20
PREGÚNTANOS! Admisión 2019/ 2020
INICIO CURSO ESCOLAR 2018/19
loli — Xov, 06/09/2018 - 12:45
Alumnado de 5º e 6º de E. Infantil e E. Primaria: As clases comezarán o 12 de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Alumnado de 3 anos: período de adaptación. (ver ANEXOS)
ENTRADAS E SAÍDAS
1º, 2º e 3º de E. Primaria: Entrarán pola porta dianteira principal de Rúa Cambria.
4º , 5º e 6º de E. Primaria: Entrada pola parte de atrás do edificio principal, porta de Marina Española
SERVIZOS DO CENTRO
Como todos os anos, o centro dispón de servizo de comedor (almorzo e xantar). Pódese facer uso do servizo do comedor todos os días, en días fixos á semana ou en días esporádicos.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O centro oferta actividades extraescolares gratuitas subvencionadas polo Concello de Lugo e actividades non gratuitas organizadas pola ANPA.
As actividades extraescolares comezarán no mes de outubro e realizaranse en horario de 16:00 a 18:00 de luns a venres. Informaramos do horario de cada actividade.
INFORMACION XERAL DO CENTRO
As circulares informativas serán enviadas ás familias a través dos seus correos electrónicos ou da plataforma da Xunta de Galicia Abalar/Móbil. Se non o teñen, serán enviadas en papel.
As familias poden facer calquer consulta á dirección do noso correo electrónico: ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es
A NOSA PÁXINA WEB: Será un medio de información xeral do centro sobre novidades, actividades, informacións...
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosalialugo
FACEBOOK: Publicaremos no noso novo Facebook novas actuais do centro relativas, fundamentalmente, a saídas escolares, festivais, actividades culturais e lúdicas, etc. Tamén na páxina da nosa Biblioteca están recollidas aquelas actividades que teñen relación co proxecto documental do centro e todas aquelas que teñan que ver co fomento da lectura.
TELÉFONOS: Calquer consulta, dúbida ou aclaración pódese facer a través dos seguintes teléfonos:
Centralita: 982870390
Dirección: 982870391
Orientación 982870392
Infantil 982870394
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7