Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
loli — Lun, 25/02/2019 - 22:20
PREGÚNTANOS! Admisión 2019/ 2020
O vindeiro xoves, ás 13:10 h e ás 16:15 h, abriremos as nosas portas para que as familias que o desexedes poidades ter unha primeira toma de contacto coa que será a vosa casa desde entón.
Queremos saudarvos, darvos a coñecer a oferta educativa, mostrarvos as nosas instalacións e todo aquilo que fai do noso Colexio unha opción na que confiar o voso futuro, antes de abrir o proceso oficial de matrícula. Por iso estades todos e todas convidados a participar desta xornada de portas abertas.
E se por algunha razón non puideses visitarnos este día, no noso correo electrónico: ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es tentaremos dar a coñecer o noso traballo canto antes.
Esperámosvos nas nosas Xornadas de Puertas Abertas!