Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Novas
FELIZ NADAL PARA TODAS E TODOS
loli — Sáb, 23/12/2023 - 20:22
Imos de vacacións de Nadal e vos deixamos un vídeo realizado por todo o alumnado e o profesorado do centro educativo.
Agardamos que vos guste. Está feito con moito cariño por parte de todas e todos.
Que disfrutedes destos días xunto á vosa familia e vémonos á volta das vacacións.
BO NADAL!
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES subvencionadas polo CONCELLO
loli — Ven, 29/09/2023 - 08:28
Programa de actividades extraescolares subvencionadas pola Concellería de Educación do Concello de Lugo
- As actividades son gratuitas para o alumnado.
- Período de inscrición: do día 2 de outubro ata o día 10, ambos incluídos.
- No cadro debe indicar os números que correspondan coa actividade solicitada.
- No caso de que haxa máis solicitudes que prazas farase un sorteo.
- As actividades comezarán o día 16 de outubro.
- Deberedes descargar esta ficha e entregala cuberta en Secretaria nos prazos arriba sinalados. Se non podedes imprimila, en Secretaria, vos facilitarán unha copia da mesma.
INICIO CURSO ESCOLAR 2023 - 2024
loli — Mar, 05/09/2023 - 15:34
Saúdamos a todo o alumnado e familias do centro e vos damos a benvida a este novo curso escolar 2023-2024.
- As clases iniciaranse o día 11 para todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria, agás 4º de Educación Infantil que están co período de adaptación, en horario continuo de 9:00 a 14:00.
- O alumnado de 1º, 2º, 3º de primaria teñen á entrada e a saída por Rúa Cambria. As familias do alumnado de 1º de primaria poderán entrar acompañando aos seus fillos e fillas ata a súa aula e alí serán atendidas polas mestras titoras. Non se trata dunha reunión formal senón de que coñezan a ubicación e saiban que grupo lles corresponde.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º teñen a entrada e a saída por Marina Española.
- O alumnado de Educación Infantil será recibido polas titoras o primeiro día para indicarlles a que aula vai cada curso.
- Os libros do alumnado de 3º e 4º de primaria serán entregados polos titores/titoras nos primeiros días do curso.
Seguide atentos-as á web para recibir información detallada e puntual de todo o que acontece neste curso.
Período de Adaptación en Educación Infantil para o curso 2023 - 2024
loli — Ven, 30/06/2023 - 13:30
PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2023-2024
Segundo a ORDE de 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se poderá prolongar máis do 15 de setembro.
Dito período servirá para facilitar o paso do neno/a dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento.
Por este motivo, durante estes primeiros días, faremos unha incorporación progresiva dos nenos e nenas cun horario reducido e flexible. Para a confección dos grupos do período de adaptación, seguiuse estrita orde alfabética.
Fixádevos na letra do primeiro apelido do voso/a fillo/a saberedes en que grupo e horario estades asignados. (Ver documento adxunto nos Anexos)
Libros de texto para o vindeiro curso 2023 - 2024
loli — Ven, 30/06/2023 - 13:22
Adxúntase nos Anexos as listaxes de libros de texto para Educación Infantil e para Educación Primaria para o vindeiro curso 2023 - 2024.
Igualmente, nos Anexos poderedes atopar a listaxe de material escolar para o alumnado de Educación Infantil.
O material para o alumnado de Primaria será facilitado en setembro por cada titor/a e polos mestres/as especialistas de cada materia.
MATRICULA NOVO ALUMNADO. CURSO 2023/2024
loli — Ven, 16/06/2023 - 13:43
Prazo: 20 ao 30 de xuño
Documentación necesaria para formalizar a matrícula. (Ler no Anexo)
1- Documento de formalización da matrícula.
2- Impreso para formalización de matrícula. Anexo I.
3- Opción sobre o ensino da Relixión
4- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumnado.
5. Autorización para as saídas complementarias e extraescolares
6- Cuestionario para as familias sobre a lingua materna (só o alumnado de 3 anos).
As familias do novo alumnado tamén poden obter a documentación para formalizar a matrícula na secretaría do centro.
Axudas do Concello de Lugo para material escolar no 2º ciclo de Educación Infantil, curso 2023/2024
loli — Ven, 16/06/2023 - 12:00
- Prazo de solicitude: do 9 ao 29 de xuño
- BASES no bop nº 130/2023
- INFORMACIÓN:Oficinas da Concellería de Educación(C.S. Uxío Novoneyra, r/ Quiroga Ballesteros) Horario: de 9 a 14h
- IMPRESO SOLICITUDE (Ver Anexo)
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR
loli — Lun, 22/05/2023 - 13:37
Na ORDE do 10 de maio de 2023 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/2024.
BENEFICIARIOS
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma E-DIXGAL con libros electrónicos.
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.
PRESENTACION DAS SOLICITUDES
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica. Enlace á web .Na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
-
Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
-
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo en horario de 9:00 a 14:00 h.
PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023.
CALENDARIO
- Publicación listaxe provisional no taboleiro da Secretaría do centro: 3 xullo
- Reclamación á listaxe provisional por escrito na Secretaría do centro: 4 e 5 xullo
- Publicación listaxe definitiva no taboleiro da Secretaría do centro: 6 xullo
- Entrega de libros do Fondo: 1ª semana lectiva do mes de setembro
- Entrega de vales de libros de texto e material: 6 e 7 xullo (de non facelo nesta data, as familias os recollerán en setembro)
As persoas solicitantes poderán acceder vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.
PROCESO DE ADMISIÓN. DOCUMENTO
loli — Mar, 25/04/2023 - 08:20
LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMIDITO (DOCUMENTO ADXUNTO)
Escolarización curso 2023 - 2024
loli — Lun, 27/02/2023 - 09:57
Información pública sobre o proceso de admisión (Ver Anexo)
Prazas ofertadas polo centro educativo (Ver Anexo)
Para calquera consulta relativa ao proceso de admisión poden poñerse en contacto co centro educativo e tentaremos resolver as dúbidas ou consultas que poidan xurdir.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »