Na semana do entroido, levarase a cabo un ano máis a actividade do meco. Así estas son as ordes que temos que seguir:
LUNS: Para mostrar o que non ves trae algo do revés.
MARTES: Se queres parecer un marqués, pon adornos nos pés.
MÉRCORES: Pinzas na roupa, como ves algo sinxelo, como colgante, na roupa ou no pelo.
XOVES: Sexas feble ou sexas forte, vestirás algo de deporte.
VENRES: Hoxe será un día divertido, como ti queiras virás vestido (disfraz libre).
Esta actividade é voluntaria, pero agardamos unha boa colaboración para que o resultado sexa o máis vistoso e divertido posible.