Recordade que mañá celebramos o Samaín no colexio cunha chocolatada e os nenos e nenas poderán vir vestidos con disfraces relacionados co tema (bruxas, esqueletos, pantasmas...). Tamén vos informamos que o próximo 31 de outubro e 1 de novembro, non haberá clase, por ser o Día do Ensino e día festivo respectivamente. Un saúdo.
Queridos papas, mamás, avós e avoas de educación infantil:
Estades invitados a compartir con todos nos o acto de graduación do alumnado de 6º de infantil queterá lugar no ximnasio do colexio o martes día 21 de xuño ás 10:30. Contamos coa vosa presenza!!
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informamos de que – en cumprimento da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa – os vindeiros días 24 e 25 de maio terá lugar a proba de avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria en todos os centros escolares da Comunidade Autónoma. Cómpre lembrar que esta avaliación, que xa se aplicou con total normalidade por primeira vez no curso 2014-2015:
É unha proba individualizada de carácter estritamente informativo e orientador. É dicir, os resultados obtidos non computan para os efectos de ningunha cualificación e non terán efectos no expediente académico dos alumnos e das alumnas.
Os resultados obtidos son de uso interno dos centros, do alumnado e dos seus pais, nais ou titores. Polo que, en ningún caso, a Consellería vai facer clasificacións de alumnos e de alumnas ou establecer un ránking de centros.
Esta avaliación -que se desenvolverá dentro do horario lectivo ordinario- está configurada exactamente igual que a realizada polos alumnos e alumnas de 3º curso o ano pasado. Isto é, baseada e deseñada segundo os estándares do currículo de 3º de Primaria e adaptada á idade dos nenos e nenas aos que vai dirixida. No caso do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, estableceranse, por parte dos centros educativos, as medidas máis axeitadas ás súas necesidades para a realización da avaliación.
A proba non mide coñecementos do alumnado en canto a materias específicas, senón as súas destrezas nas competencias avaliadas, que son: competencia en comunicación lingüística e competencia matemática.
Queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade ás familias xa que esta proba debe entenderse como unha ferramenta diagnóstica máis, que axuda aos centros educativos e ás familias a ter información adicional sobre a evolución do alumno ou da alumna. Unha información que non inflúe no seu expediente académico, pero que permite, no caso de detectarse algunha carencia, actuar de xeito personalizado e específico para solucionala. Ao mesmo tempo, esa valiosa información servirá tanto para os centros como para a propia Administración á hora de deseñar e implementar programas de mellora educativa, como xa se fixo o curso pasado.
A avaliación require da colaboración de todos os membros da comunidade educativa, a quen a Consellería agradece o seu esforzo e reitera a importancia de contar coa participación de todo o alumnado. O desenvolvemento desta proba de xeito detallado pode consultarse no Diario Oficial de Galicia do día 26 de abril.
A continuación recomendamos uns enlaces e un documento adxunto no que poderedes consultar e descargar unha ampla selección de recursos didácticos sobre Manuel María para traballar o día das Letras Galegas. Esperamos vos sexan de interese.
Nos días 22, 23 e 29 de abril o alumnado de 4º e 5º do centro estivo recibindo unha serie de charlas informativas en torno aos distintos deportes que se están a traballar nas aulas.
O luns día 25 de abril celebramos o Día do Libro cos apadriñamentos lectores e entrega de agasallos aos mellores lectores do presente curso. Podedes ver algunhas imaxes na presentación.
Durante as últimas semanas o alumnado do centro estivo recibindo unha serie de charlas informativas e demostracións en torno aos distintos deportes que se están a traballar nas aulas. Estas charlas foron impartidas polos distintos profesionais pertencentes á diversidade de clubes deportivos de O Grove e arredores.