Inicio » content » VISITAS CLUBES: CICLISMO O GROVE, ATLETISMO RÍA DE AROUSA, ARQUEIROS DA CANTEIRA
VISITAS CLUBES: CICLISMO O GROVE, ATLETISMO RÍA DE AROUSA, ARQUEIROS DA CANTEIRA
Durante as últimas semanas o alumnado do centro estivo recibindo unha serie de charlas informativas e demostracións en torno aos distintos deportes que se están a traballar nas aulas. Estas charlas foron impartidas polos distintos profesionais pertencentes á diversidade de clubes deportivos de O Grove e arredores.