Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos, procederemos a iniciar a renovación do Consello Escolar.
O calendario de todo o proceso estará exposto no taboleiro de anuncios do centro , comezando coa constitución da Xunta Electoral que será quen velará polo desenvolvemento das eleccións.
A Xunta Electoral elixirase o venres, día 28 de outubro, mediante un sorteo público a celebrar na biblioteca do centro ás 14:15h , e o resultado será comunicado aos interesados.
A Xunta Electoral constituirase o venres, día 4 de novembro.