Skip to Content

Obras patio Rosalía

Estimadas familias:

 
Queremos informarvos que se retomaron as obras de acondicionamento da fachada do centro, e polo tanto a entrada e saída do alumnado de E.Infantil sufrirá uns cambios mentres non se rematen as mesmas. No primeiro tramo, que xa se comezou hoxe, os nenos e nenas estarán e sairán polas portas das súas aulas, así que pedimos que os días de choiva axustedes no posible a chegada ao colexio ás 9:00. Unha vez finalizado este tramo e durante o tempo que lles leve acondicionar a fachada que dá ao parque infantil, a entrada e saída efectuarase pola porta do patio de Rosalía (por onde entran agora nos días de choiva). 
 
Recibe un cordial saúdo.
O equipo directivo


page | by Dr. Radut