Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Inicíase o período para as eleccións ao Consello Escolar do centro, órgano de participación na xestión do mesmo dos distintos membros da comunidade escolar. Neste proceso toca renovar 1 membro do sector pais/nais, e tres membros do sector profesorado.
O calendario de todo o proceso estará exposto no taboleiro de anuncios do centro, comezando coa constitución da Xunta Electoral .
A Xunta electoral está formada por:
-    Presidente : Directora
-    Vocal: 1 profesor titular/1 profesor suplente
-    Vocal: 1 pai/nai titular/1 pai/nai suplente
-    Vocal: 1 persoal non docente
Esta elixirase o venres  día 18 de outubro mediante un sorteo público a celebrar na biblioteca do centro ás 14:15 horas, e do cal o resultado será comunicado aos interesados.
A Xunta Electoral constituirase o 21 de outubro.


LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS 2024/2025

Está publicada a listaxe provisional de fondo libros no taboleiro do centro escolar. Pódese consultar en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Cóntase con 2 días hábiles para realizar calquera reclamación, a partir dos cales se publicará a listaxe definitiva.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/2025

As familias terán que entregar cubertos os seguintes impresos:

     - Impreso matrícula. Anexo III-1.

     - Impreso autorización de imaxe.

     - Impreso solicitude relixión/atención educativa.

     - Enquisa lingua materna para os nenos e nenas de 3 anos.

 

 

Documentación a entregar:

   - 2 fotos tamaño carné.

   - Fotocopia do libro de familia (todos os membros da unidade familiar).*

   - Fotocopia do dni do neno/a.

   - Fotocopia dni das persoas proxenitoras ou titores/as legais.

   - Fotocopia tarxeta sanitaria do alumno/a.

   - Fotocopia calendario de vacinas ou informe médico.

   - Informe de alerxias ou problemas de saúde relevantes (se é o caso).

   - Volante de empadronamento (ten que aparecer o neno/a e as persoas que viven con el/ela). *

    - Sentencia de separación ou divorcio no que acredite a custodia do alumno ou alumna (se é o caso). *

 

* (non en caso de telo presentado na reserva de matrícula)

 

 

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSOO 2024-2024

INFORMACIÓN: becas do MEC para alumnado con NEAE

 

CONVOCATORIA CURSO 2024-2025: Resolución do 12 de abril de 2024 da Secretaría de Estado de Educación

 

PRAZO: Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024

 

SOLICITUDES: Sede electrónica do MEC

 

DIRIXIDAS A: Alumnado de niveis non universitarios que presentan necesidade específica de apoio educativo por algunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

Débense cubrir os requisitos que xustifican a necesidade específica de apoio educativo, conforme se recolle na convocatoria.

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 24/25

Todas as solicitudes presentadas neste centro para o curso 24/25 dentro de plazo foron admitidas.

Podedes consultar a LISTAXE DEFINITIVA no taboleiro do centro ou a traves da aplicación admisionalumnado.

 

Prazo formalización matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

Distribuir contido


by Dr. Radut