Complementarias
V Carreira Solidaria
Informamos de que o vindeiro 13 de xuño en horario de mañá vai ter lugar a V Edición da nosa Carreira Solidaria.
Este ano recaudaranse cartos para a Fundación Andrea: de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración.
Hoxe os nenos levaron un tríptico con máis información, que tamen poderedes descargarvos nos documentos adxuntos a esta publicación.
Agradecemos entreguen os cartos recaudados polos seus "patrocinadores" na maior brevidade posible a cada titor/a.
Moitas grazas pola vosa colaboración e agardamos que vos animedes tamen a participar con nós na carreira.
"Unha pequena acción vale máis cunha gran intención"
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
Deixámosvos un pequeno resumo da xornada de onte coa recollida de plásticos na praia da Compostela.
"Pensa localmente, actúa localmente" e sempre tendo en conta que xuntos podemos construír grandes cousas.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Os peques pasáronno xenial!
Letras Galegas 2024
Dende o cole de Carril queremos ensinar ao mundo o bonito que falamos, que fermosa é a nosa lingua e que palabras tan marabillosas temos!!!
E que mellor maneira que con esta pequena representación en vídeo feita polos ananos do cole?
Ademais, compartímosvos o mural colaborativo levado a cabo por todo o cole en conmemoración a Luisa Villalta.
Esperamos que desfrutedes destas actividades tanto coma nós.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODA A COMUNIDADE DO CEIP PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO!
Celebración dos Maios
O mércores 1 de maio celebrarase o Certame da Festa dos Maios 2024, que convoca a Concellaría de Cultura do Concello de Vilagarcía
ás 11:30 horas, na Praza da Peixaría, por se quixérades pasar a ver o resultado. Aínda con todo, por aquí vos deixamos un anaquiño do proceso:
INTERPRETADA POR S.D.D. (6ºA)
MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Sen as vosas aportacións nada disto sería posible. Ata o ano que ven!!
8 DE MARZO
Co galo do 8M todo o centro traballou nun proxecto sobre "Mulleres de película". Investigamos sobre o papel da muller no cine, coñecemos a diferentes mulleres relacionadas con esta industria e elaboramos o noso propio mural con realidade aumentada para que todas as clases puideran velo. A maiores puidemos recibir a visita de diferentes actrices da contorna: Carla Rivas e Rebeca Solla (podedes ver as imaxes no blog da biblio ou nas nosas redes). Foi todo un pracer!
Os maiores de 5º e 6º foron os encargados de realizar un Escape Room guiado por Pancho e Flora (as mascotas da nosa biblio) por todas as clases e fixeron aos pequenos reflexionar sobre o papel da muller nas películas Disney.
*Fai clic na imaxe para acceder ao xogo:
Todas as clases foron implicadas na celebración desta data. Por aquí vos deixamos o Pasapalabra de Igualdade elaborado polo alumnado de 6º no que puxeron en práctica os seus coñecementos co Chroma así coma o novo vocabulario traballado ao longo deste curso:
DIA DE ROSALIA 2024
Desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, celebramos a conmemoración do Día de Rosalía, 23 de febreiro, coa actividade "Rosalía Universal".
A idea foi facer unha compilación de fotografías de monumentos, rúas, centros educativos, bibliotecas... nas que se fai referencia á autora, comprobando así o alcance que teñen a súa figura e a súa obra.
A participación foi espectacular, tanto por parte do alumnado como do profesorado, o que agradecemos enormemente.
O resultado é, este marabilloso mural, no que así homenaxeamos a nosa autora máis universal.
Ademais, para celebrar este propio día o alumnado de Ed. Infantil realizou esta pequena interpretación cos
seus debuxos da canción "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle. Por aquí vos deixamos o vídeo:
CONCURSO TIC: PREMIAD@S
A profe Paula foi a encargada de entregar os premios aos gañadores do concurso TIC deste curso escolar dentro do proxecto viaxando pola cine.
Noraboa aos gañadores/as!!!
DIA DA PAZ 2024
Resultados do mural colaborativo elaborado por todo o cole sobre a "PAZ NO CINE".
Cada clase escolleu a súa peli favorita para reflexionar sobre os seus valores ou frases típicas relacionadas coa paz.
Deixamosvos unha foto de como quedou:
A maiores, deixamosvos algunhas imaxes dos apadriñamentos lectores levados a cabo polo alumnado de 5º e 6º de Primaria cos máis peques do cole.
Contáronlle a historia de Wangari: a Primeria Muller africana en recibir o premio Nobel da Paz en 2004.
Esperamos que vos gustara tanto coma a nós! FELIZ DÍA DA PAZ
O MELLOR COLE CON LUCES DO PLANETA!
Queremos desexarvos Bo Nadal e unhas Felices Festas. Que este ano novo siga sendo de cine!
Lembrade que o día 8 de xaneiro, despois das vacacións, vos agardamos cos brazos abertos.
XA CHEGOU O NADAL AO COLE!
Como ben sabedes, a inaguración das luces do cole foi todo un éxito!!
Moitísimas grazas ás familias que dedicáchedes un momentiño para pasarvos cos peques a velas pola tarde-noite. Temos moita sorte de contar coa vosa implicación. Deixámosvos por aquí un par de fotos para os que non as puidérades ver. Moitas grazas tamen a Gonzalo, pois foi el quen dedicou moitas horas a montar este espectáculo coa axuda dos profes e dos nen@s, e entre todos deixar o noso cole con este espírito tan bonito.
Deixámosvos tamen un vídeo da festa de fin de trimestre: Nadal Fest'24
Sesións de cine navideño, badaladas con gusanitos e moita festa!!!
Actividades complementarias e extraescolares
Durante este curso 2023/24 no centro vanse desenvolver unha serie de actividades complementarias e extraescolares:
- Samaín/Halloween
- Magosto
- 25N
- Nadal
- Día da Paz
- Entroido
- 8M
- Fin de Curso
"Viaxando polo cine" vai ser o eixe vertebrador en todas elas!