8 DE MARZO
Co galo do 8M todo o centro traballou nun proxecto sobre "Mulleres de película". Investigamos sobre o papel da muller no cine, coñecemos a diferentes mulleres relacionadas con esta industria e elaboramos o noso propio mural con realidade aumentada para que todas as clases puideran velo. A maiores puidemos recibir a visita de diferentes actrices da contorna: Carla Rivas e Rebeca Solla (podedes ver as imaxes no blog da biblio ou nas nosas redes). Foi todo un pracer!
Os maiores de 5º e 6º foron os encargados de realizar un Escape Room guiado por Pancho e Flora (as mascotas da nosa biblio) por todas as clases e fixeron aos pequenos reflexionar sobre o papel da muller nas películas Disney.
*Fai clic na imaxe para acceder ao xogo:
Todas as clases foron implicadas na celebración desta data. Por aquí vos deixamos o Pasapalabra de Igualdade elaborado polo alumnado de 6º no que puxeron en práctica os seus coñecementos co Chroma así coma o novo vocabulario traballado ao longo deste curso: